Vicente Sáez Ruiz, nado en Cox (provincia de Alacant) o 25 de marzo de 1904 e finado en Marcón (Pontevedra) o 5 de decembro de 1936, foi un mestre e político español.

Traxectoria Fillo dun panadeiro, a familia trasladouse a Totana. Estudou o bacharelato e fixo Maxisterio en Murcia.Expediente académico de Vicente Sáez Ruiz Ao aprobar a oposición de mestre en 1932, foi destinado a Galicia, á escola de nenos de Coiro en Cangas de Morrazo. Foi delegado da FETE-UGT para o concello de Bueu. Participou no Congreso Regional de Trabajadores de la Enseñanza en Vigo en maio de 1936. Foi presidente do Centro Radical e militante do PCE. Afeccionado á natación, formou parte do Club Rodeiramar de Cangas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na súa casa do Cruceiro o 25 de xullo, trasladado á prisión provincial de Pontevedra o 19 de setembro, á espera de que se celebrase o consello de guerra. O 23 de outubro foi trasladado á Colonia Penitenciaria da illa de San Simón. Foi paseado o día 5 de decembro e o seu corpo apareceu na estrada da Parra, na parroquia de Marcón.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Vicente Sáez, mestre do Pósito de Coiro Vicente Sáez Ruiz, maestro de escuela de Cox represaliado y fusilado en Galicia por el levantamiento militar de 1936

Categoría:Profesores de España Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cox Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936