Vicente Peña Tarrasa, coñecido como Pedro Borrás, nado en Palma en 1904 e finado en Val do Dubra o 5 de marzo de 1949, foi un militar e guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria Suboficial da Mariña en Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fiel á República, estivo a piques de ser fusilado e foi obrigado a loitar no bando sublevado. A principios dos anos corenta organizou células clandestinas nos cuarteis Dolores de Infantaría de Mariña en Ferrol e grupos da Unión Nacional (UNE) e o PCE.
En 1946 pasou á guerrilla onde foi un dos oficiais militares do destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Tamén asumiu a formación teórica a través do periódico Senda Guerrillera. O grupo que comandaba foi o autor do incendio da casa do concello de Moeche o 17 de agosto de 1948. O 8 de setembro de 1948 a Garda Civil de Ortigueira cercou unha casa de Ambosores na que se refuxiaba Vicente Peña con Leonardo Gómez Pérez e outros tres guerrilleiros; no tiroteo mataron o propietario Jesús López Bouza e o seu criado José Durán Souto, logrando fuxir os guerrilleiros. O xulgado militar da Coruña publicou unha requisitoria contra el e Jesús Valeiro Gómez en novembro de 1948 como encartados nas causas 457/48, 458/48 e 482/48 por atraco a man armada.El Ideal Gallego, 4-11-1948, p. 4. Refuxiados nunha casa de Zas (Negreira), foron descubertos pola Garda Civil, fuxiron e foron abatidos en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949. Morreron José María Castelo Mosquera e Manuel Pena Camino, e as enlaces Carmen Temprano e Manuela Teiga. Vida persoal
Casou con María del Pilar Díaz Rascado.El Ideal Gallego, 19-12-1950, p. 5. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1949