Jørn Andersen, nado en Fredrikstad o 3 de febreiro de 1963, é un ex-futbolista e adestrador noruegués. Desde 2006 é o adestrador da selección de fútbol de Corea do Norte.

Traxectoria

Noruega A súa carreira arrincou no equipo local do ;Østsiden. Logo pasou polo Fredrikstad e logrou sete goles en 43 participacións na máxima categoría. Na tempada 1985 transferírono ao Vålerenga, co que marcou 23 goles en 22 partidos.

Alemaña En 1985 firmou co FC Nürnberg alemán. En 78 partidos marcou 28 goles antes de ingresar no Eintracht Frankfurt. En 1990 Andersen converteuse no primeiro xogador estranxeiro en acadar o maior número de goles nunha tempada na Bundesliga con 18. En 1990–91 Andersen xogou co Fortuna Düsseldorf antes de pasar ao Hamburger SV (1994–95) e ao Dynamo Dresden.

Suíza De Dresden Andersen foi a Suíza para fichar co FC Zürich en 1995, mais só logrou marcar dous goles en 33 encontros. En 1998 deixou o FC Lugano para ir ao FC Locarno.

Carreira internacional Debutou con Noruega en 1985 e tivo un total de 27 participacións co seu país, logrando cinco goles. O seu último partido internacional foi nunha cualificación para o compionato europeo contra Hungría en outubro de 1990, substituíndo a Jahn Ivar Jakobsen.

Adestrador Tras deixar os terreos de xogo converteuse en adestrador xuvenil do FC Luzern e logo volveu a Alemaña para adestrar ao Rot-Weiß Oberhausen des 2003 ata 2004. Despois foi axundante de Horst Köppel no Borussia Mönchengladbach.

En maio de 2007 firmou co equipo grego do Skoda Xanthi pero cesou en xuño de 2007. miniatura|Andersen como adestrador do Karlsruher SC durante unha rolda de prensa en decembro de 2011 A finais de 2007 firmou co equipo da 2. Bundesliga Kickers Offenbach, mais foi incapaz de evitarlles o descenso. O 20 de maio de 2008 comprometeuse por dous anos con outro equipo da 2. Bundesliga, o Mainz 05, e baixo a súa dirección conseguiu a promoción á Bundesliga, malia o éxito o club despediuno o 3 de agosto de 2009.

A mediados de decembro de 2010 aceptou adestrar ao equipo grego do Larissa. Non obstante tras perder tres partidos de liga e fracasar na copa, sen puntuar un só gol, Andersen marchou exercendo só 24 días a titularidade no equipo. Seis meses máis tarde regresou a Alemaña para facerse cun equipo da segunda división, o Karlsruher SC. E o 2 de xaneiro de 2015 fíxose coa dirección do Austria Salzburg.

Deixou o equipo en decembro de 2015 e aceptou adestrar á selección de Corea do Norte en maio de 2016, por primeira volta desde 1994 Corea do Norte tiña un adestrador estranxeiro.

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados no condado de Østfold Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Noruega Categoría:Xogadores do Fredrikstad FK Categoría:Xogadores do Vålerenga Fotball Categoría:Xogadores do 1. FC Nürnberg Categoría:Xogadores do Eintracht Frankfurt Categoría:Xogadores do Fortuna Düsseldorf Categoría:Xogadores do Hamburger SV Categoría:Xogadores do Dynamo Dresden Categoría:Xogadores do FC Zürich Categoría:Xogadores do FC Lugano Categoría:Xogadores do FC Locarno Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Adestradores de fútbol de Noruega Categoría:Adestradores do Karlsruher SC Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Corea do Norte