Henning Berg, nado o 1 de setembro de 1969 en Eidsvoll, é un ex-futbolista e adestrador noruegués que xogou como defensa no Blackburn, no Manchester United e na selección de Noruega na década de 1990 e 2000.

Traxectoria A súa carreira como futbolista profesional durou de 1988 a 2004, primeiro en Noruega co Vålerenga e o Lillestrøm, non obstante a súa etapa máis coñecida foi como xogador da Premier League gañando títulos tanto co Blackburn Rovers como co Manchester United, converténdose no primeiro xogador en gañar a Premier League con dous clubs. Rematou a súa carreira na Scottish Premier League co Rangers. Coa selección de Noruega xogou máis de cen encontros, marcando nove goles.

Adestrador O 22 de abril de 2005, menos dun ano despois de rematar a súa carreira como xogador, Henning Berg converteuse no adestrador do FK Lyn poucos días após principiar o campionato de primeira división. Segundo o acordo co club firmou por catro anos, para darlle continuidade á política de formación e lanzamento dos xogadores novos. O 24 de abril, Berg dirixiu por vez primeira o equipo nun empate co Star. Na seguinte fin de semana logrou a súa primeira vitoria contra o Molde por 6-1. Na súa primeira tempada, Berg obtivo bos resultados, poñendo ao Lyn en terceiro lugar e logrando a cualificación para a Copa da UEFA, quedando a só dous puntos por detrás do campión, o Vålerenga. Tamén logrou bater ao rival, o Rosenborg na casa, por primeira vez desde 1968. Durante as dúas tempadas seguintes, o FK Lyn quedou no medio da táboa.

O 19 de agosto de 2008 Henning Berg aceptou a oferta do Lillestrøm, o seu ex-club(no) Henning Berg nouvel entraîneur de Lillestrøm sur adressa.no, le 19 août 2008.. Firmou por cinco anos de contrato, que entrou en vigor uns meses máis tarde, despois de deixar o seu cargo no Lyn.(no) Henning Berg prend le relais sur rb.no, le 21 octobre 2008. Berg acadou o obxectivo de salvar o club de descenso. A tempada seguinte, serios problemas económicos esixiron ao Lillestrøm vender boa parte dos seus xogadores profesionais, alén das baixas por lesións que complicaron o inicio de tempada, así e todo Berg logrou que o equipo rematase en décimo primeiro lugar na clasificación nacional. En 2010, o equipo continuou mellorando e chegou á quinta praza na metade da tempada, tras trece partidos consecutivos invicto, pero na segunda metade o Lillestrøm baixou ata a décima posición. O ano seguinte, o club principiou ben a tempada e a metede de tempada estaba entre os mellores pero por mor de problemas económicos vendeu algúns dos seus mellores xogadores (Anthony Ujah, Nosa Igiebor e Stefán Gíslason e baixou no final da tempada. A tres xornadas do remate, o presidente do club despediuno por desacordos deportivosBerg, limogé, en désaccord avec le Conseil du LSK vg.no, 27 de outubro de 2011..

No estranxeiro O 31 de outubro de 2012 converteuse en adestrador do Blackburn Rovers,Berg sur le banc de Blackburn, lequipe.fr, 31 octobre 2012 pero cesou despois de dez partidos, tras unha serie de cinco derrotas en seis partidos«Henning Berg: Blackburn Rovers sack manager after 57 days», BBC Sport, 27 de decembro de 2012.. En decembro de 2013 chegou ao Legia Warszawa en PoloniaLe Legia change d'entraîneur sur lequipe.fr, le 19 décembre 2013., substituíndo a Jan Urban, malia ocupar o primeiro lugar na clasificación da primeira división Berg prend la tête du Legia sur uefa.com, le 19 décembre 2013.. Segundo o presidente do Legia, na procura de mellores resultados na competición europea.

Notas

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados no condado de Akershus Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Noruega Categoría:Xogadores do Lillestrøm SK Categoría:Xogadores do Blackburn Rovers FC Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores do Rangers FC Categoría:Xogadores do Vålerenga Fotball Categoría:Adestradores de fútbol de Noruega Categoría:Adestradores do KP Legia Warszawa Categoría:Adestradores do AC Omonia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA