miniatura|dereita|220px|Vertedoiro non controlado. Un vertedoiro é un lugar onde se acumulan o lixo e os residuos. Poden ser autorizados ou clandestinos.

Tipos de vertedoiros Vertedoiro clandestino ou descontrolado: É un lugar que, sen consideracións medioambientais, é empregado por un grupo humano para depositar os seus residuos sólidos. Son unha grave fonte de contaminación, doenzas e outros problemas. Vertedoiro municipal ou urbano: É un vertedoiro que baixo certas consideracións ou estudos de tipo económico, social e ambiental, é empregado polos gobernos municipais para acumular o lixo. Tamén son coñecidos como "vertedoiros controlados" ou "enterramentos sanitarios".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Que é un vertedoiro? na páxina do Sistema de Información de Residuos de Galicia (SIRGA)

Categoría:Reciclaxe Categoría:Lixo