Emiliano R. Fernández, nado como Emiliano Fernández Rivarola en Yvysunu Emiliano R. Fernández: poeta popular, patriota y bohemio ABC Color, 8 de agosto de 2014 o 8 de agosto de 1894 e finado en Asunción o 15 de setembro de 1949 , foi un dos máis prolíficos expoñentes da poesía popular de Paraguai e da polca paraguaia.

Traxectoria É autor duns 2000 poemasR. Andrew Nickson (2015) Historical Dictionary of Paraguay Rowman & Littlefield, p. 229. Pasou os seus primeiros anos no lugar de Ysaty, e alí foi á escola primaria ata o quinto grao. Durante a revolución de 1904, que deu o poder ao Partido Liberal, estableceuse na cidade de Concepción e alí realizou o servizo militar. A partir da década de 1920 comezou a percorrer todos os recunchos de Paraguai, escribindo os seus primeiros versos que recitaba ou cantaba acompañándose coa súa guitarra: “Primavera” (I e II), “Trigueñita” e “Pyhare amaguype”, publicados en Okara poty kue a mi, revista de versos e cancións populares editada durante moitos anos pola familia Trujillo. Posteriormente escribiu dúas das súas máis populares composicións de ton épico: “Che la reina” ou “Ahama che china” e “Rojas Silva rekavo”.

Participou na guerra do Chaco, entre Paraguai e Bolivia (1932-1935), como soldado do Rexemento de Infantaría “13 Tuyutí”, escribindo os seus mellores versos entre as pausas das batallas. Trasladárono a Asunción logo de recibir unha ferida na fronte. Durante o conflito internacional escribiu versos patrióticos, insuflándolles entusiasmo e certeza na vitoria aos soldados. O erudito e intelectual Carlos Villagra Marsal considérao o poeta popular por excelencia de Paraguai. Escribiu en “jopará”, o guaraní popular, moi fortemente castelanizado.

Traballou como xornalista no Semanario Guaraní. Durante a súa vida só publicou un libro Ka’aguy jary’i, que contén algúns dos seus poemas máis emblemáticos.

Notas

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en 1894 Categoría:Escritores en lingua guaraní Categoría:Personalidades de Paraguai Categoría:Nados no departamento Central Categoría:Escritores de Paraguai