Un elemento ultraconservado (abreviado UCE, do inglés ultra-conserved element) é unha rexión do ADN que é idéntica en polo menos dúas especies de seres vivos. Un dos primeiros estudos sobre UCEs mostrou que certas secuencias de ADN humanas dunha lonxitude de 200 nucleótidos ou maiores estaban totalmente conservadas (tiñan idéntica secuencia de nucleótidos) en ratas e ratos. Malia que a miúdo son secuencias de ADN non codificante, algúns elementos ultraconservados son transcricionalmente activos, orixinando moléculas de ARN non codificante.

Evolución

A perfecta conservación destes longos tramos de ADN crese que ten unha importancia evolutiva, xa que estas rexións parecen ter experimentado unha forte selección negativa durante de 300 a 400 millóns de anos. A probabilidade de encontrar elementos ultraconservados por azar (baixo evolución neutra) foi estimada como menor de 10−22 en 2,9 miles de millóns de bases.

Funcións Foron identificados 481 elementos ultraconservados no xenoma humano. Unha base de datos que recolle información xenómica sobre elementos ultraconservados (UCbase) que comparten o 100% de identidade entre humanos, ratos e ratas está dispoñible en . Un pequeno número deles que son transcritos foron asociados a carcinomas e leucemias humanas. Por exemplo, TUC338 está fortemente regulado á alza nas células de carcinoma hepatocelular humano. Un estudo que compara os elementos ultraconservados entre humanos e o peixe Takifugu rubripes propuxo que foron importantes no desenvolvemento dos vertebrados. Varios elementos ultraconservados están localizados preto de reguladores transcricionais ou xenes do desenvolvemento. Outras funcións son a amplificación e a regulación do empalme do ARN.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Secuencia conservada Rexións aceleradas humanas Sintenia

Bibliografía Ryu et al. BMC Evolutionary Biology 2012

Categoría:Xenética