A Universidade de Burgos, creada en 1994, é a universidade pública da cidade española de Burgos.

A pesar da súa recente creación, en 2012 colocouse á cabeza en investigación dentro de Castela e León.

Historia A Universidade foi creada como tal no ano 1994, como escisión da Universidade de Valladolid, a partir do campus que esta tiña na cidade de Burgos. Desde entón, foi crecendo organicamente e desenvolvéndose en novos campos do coñecemento.

Nun primeiro momento foi rexida por unha comisión xestora, presidida polo catedrático de Valladolid Marcos Sancristán Represa até 1997. O seu primeiro reitor foi o catedrático José María Leal Villalba, desde 1997 ao 2008. O seu sucesor foi o catedrático Alfonso Murillo Villar que ao cumprir o máximo de mandato foi substituído en 2016 polo catedrático Manuel Pérez Mateos.

En 2013 a UBU comezou a impartir os graos de Lingua e Literatura, de Enxeñaría Informática, de Ciencia Política e de Xestión Pública, Historia e Patrimonio e Turismo en liña. En 2014, obtivo a avaliación favorable para ser campus de excelencia internacional. miniatura|Hospital do Rei.

Instalacións miniatura|Hospital da Concepción. Situación miniatura|Complexo residencial Miguel Delibes. As instalacións da Universidade de Burgos sitúanse en dous campus: centro|480px San Amaro / Hospital do Rei: Situado ao oeste da cidade de Burgos, na antiga saída da cidade que compartían a estrada cara a Portugal (N-620) e a estrada cara a Vigo (N-120). Nel atópanse o reitorado, os servizos centrais, a biblioteca, o polideportivo, o comedor e a residencia universitaria Camiño de Santiago, así como as facultades de Ciencias, de Ciencias Económicas e Empresariais, de Dereito, de Educación, de Humanidades e Comunicación, de Ciencias da Saúde e o edificio «A Milanera» da Escola Politécnica Superior. Río Vena / Vigón: Situado ao norte da cidade na saída cara a Cantabria N-623 (Av. Cantabria, anteriormente Av. do Xeneral Vigón), no Polígono Docente. Era a sede orixinal da Escola Politécnica Superior, anteriormente Escola Universitaria Politécnica de Burgos dependente da Universidade de Valladolid e embrión da universidade actual. No pasado tamén se localizaban outros centros como a Escola Universitaria de Estudos Empresariais e a Escola Universitaria de Maxisterio. Outras instalacións: o Hospital da Concepción e o complexo residencial e docente de Miguel Delibes en Sedano. miniatura|Facultade de Educación.

Centros miniatura|Escola Politécnica Superior, Edif. La Milanera. miniatura|Facultade de Ciencias. miniatura|Facultade de Empresariais. miniatura|Residencia Universitaria. A Universidade de Burgos desenvolve as súas funcións en distintos centros, sete deles son centros propios para a formación de grao e máster, un oitavo é de terceiro ciclo e outro é un centro adscrito: Facultade de Ciencias Ciencias Económicas e Empresariais Ciencias da Saúde Dereito Educación Humanidades e Comunicación Escola Politécnica Superior de Doutoramento Universitaria de Relacións Laborais (centro adscrito)

Ademais, a Universidade dispón dun centro de Investigación e Desenvolvemento e de tres institutos: Centro I+D+i situado no Parque científico tecnolóxico Instituto de Administración Pública Instituto Universitario de Restauración Instituto de Formación e Innovación Educativa Complexo Residencial «Miguel Delibes» (Sedano)

Hospital do Rei O Hospital do Rei foi fundado por Afonso VIII de Castela en 1195, xunto ao Camiño Francés ao seu paso por Burgos.

Dependente do Mosteiro de las Huelgas constituía un gran centro de acollida de peregrinos.

Xunto á súa entrada, atópase a ermida de San Amaro e o cemiterio onde se enterraba aos peregrinos que morrían.

Recentemente realizouse unha restauración e retiráronse os exvotos que cubrían as paredes da ermida.

O Hospital do Rei é un conxunto renacentista, que conserva algúns restos do primitivo hospital medieval (os alicerces da antiga igrexa).

A entrada faise a través da Porta dos Romeus, que é o símbolo da Universidade. Trátase dun arco decorado por ambos os lados, no que se atopan referencias xacobeas, así como as efixies dos fundadores (Afonso VIII e a raíña Leonor).

Accédese ao Patio dos Romeus, delimitado pola igrexa do Hospital, da que destaca a súa entrada e a súa porta; o interior do templo é de estilo barroco.

O atrio da igrexa dá paso á Aula Magna da Facultade, utilizada para os actos solemnes.

A Casa del Fuero Viejo acolle a gran Aula Romeros.

Pola súa banda, na Casa dos Sancristáns atópase o Decanato da Facultade de Dereito e o acceso á cafetaría.

Traspasada a Casa dos Sancristáns, chégase ao Patio de Comendadores, onde se atopa o edificio do Reitorado, que destaca pola súa fachada con celosías de madeira. Outros lugares de interese son a Sala de Lectura e o Edificio Departamental.

Os restos foron restaurados e cedidos para acoller as dependencias da universidade a finais dos anos oitenta.

Esa restauración foi galardoada co Premio Europa Nostra.

Máis adiante, restaurouse a Porta dos Romeros, sacando á luz todo o seu esplendor. No Hospital do Rei atópanse o Reitorado e a Facultade de Dereito.

Na contorna axardinada atópase o Taboleiro de Xadrez onde no verán organízanse actividades musicais coincidentes cos Cursos de Verán da universidade.

Doutores Honoris Causa Data denomeamentoinvestidura Doutor honoris causaProfesión06/03/1998Rafael Frühbeck de BurgosMúsico burgalés. Director de orquestra06/03/1998José Vela ZanettiPintor burgalés10/05/2001Michele ForinaQuímico10/05/2001Fernando Tejerina GarcíaReitor da Univ. de Valladolid durante a creación da UBU20/04/2007Antonio María Rouco VarelaCardeal Arcebispo de Madrid20/04/2007Emiliano Aguirre EnríquezPaleontólogo. Primeiro director dos xacementos de Atapuerca (1978-1990)17/12/200930/04/2010Juan Luís Arsuaga FerrerasCodirector dos xacementos de Atapuerca (1991-)17/12/200930/04/2010José María Bermúdez de CastroCodirector dos xacementos de Atapuerca (1991-)17/12/200930/04/2010Eudald Carbonell i RouraCodirector dos xacementos de Atapuerca (1991-)17/12/200917/09/2010Geoffrey ParkerHistoriador e hispanista1/03/2013Félix Rodríguez de la FuenteNaturalista e divulgador burgalés (investido in memorian)23/05/2013Umberto EcoEscritor16/07/201325/10/2013José Antolín ToledanoIndustrial "José Antolín, ‘honoris causa’ por ser «ejemplo de emprendimiento»" El Correo de Burgos.15/06/2015Luis Rojas-MarcosPsiquiatra, investigador e profesor15/09/2015 "Iñaki Gabilondo y Mario Vargas Llosa, Doctor Honoris Causa por la Universidad de Burgos" Diario de Burgos.por determinarMario Vargas LlosaEscritor15/09/2015 por determinarIñaki GabilondoXornalista

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Grados en liña na Universidade de Burgos

Categoría:Monumentos do Camiño de Santiago