José García Espinosa, coñecido como Pelegrín, nado en Becerreá o 7 de abril de 1910 e finado nas Nogais setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi secuestrado no seu domicilio baixo un engano. Logo da súa detención, en setembro de 1936 foi paseado pola Garda Civil no monte da Reteixeira, entre As Cruces e A Alence (As Nogais). Recolleron o cadáver fixeron unha caixa de chopo e soterrárono na cara norte da igrexa parroquial de Torés."A ARMH busca no cemiterio de Torés o corpo dun represaliado" El Progreso, 18/4/2016.

En 2016 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica procedeu á exhumación do seu cadáver."Los numerosos restos hallados en Torés dificultan dar con O Pelegrín" El Progreso, 11/10/2016.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Represión franquista en Galicia Ligazóns externas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos