Os Hohenstaufen ou Staufen, tamén coñecidos como xibelinos, foron unha dinastía de emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tamén foron monarcas dos reinos de Alemaña e de Sicilia.
Historia A casa de Hohenstaufen era orixinaria da rexión de Suabia, na actual Baviera, por iso os Hohenstaufen tamén se coñecen como os suabos.
O nome de Hohenstaufen adoptárono dun castelo situado entre Göppingen e Schwäbisch Gmünd (Suabia).
miniatura|150px|A rexión administrativa de Suabia, dentro do Land de Baviera.
O primeiro representante desta liñaxe do que se ten comprobada a súa existencia é Frederico de Büren. O seu fillo Frederico I, primeiro duque de Suabia, casou coa única filla de Henrique IV en 1079, recibindo o Ducado de Suabia, que desta forma foi incorporado aos dominios desta familia. En 1125 herdaron as posesións da dinastía Salia cando se esta se extinguiu.
Os Hohenstaufen intentaron obter a coroa do reino de Alemaña e desde entón mantiveron unha rivalidade constante cos güelfos. Alcanzaron as súas aspiracións cando algúns dos seus membros foron elixidos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de Alemaña (entre 1138 e 1254).
Henrique VI, despois do seu matrimonio coa princesa Constanza de Sicilia, da normanda casa dos Hauteville, apoderouse do Reino de Sicilia, feito que xerou un enfrontamento entre os Hohenstaufen e o papado.
En 1268 morreu decapitado o último dos seus representantes, Conradino.
Membros da dinastía dos Hohenstaufen Emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de Alemaña miniatura|Henrique VI e Constanza de Sicilia. miniatura|Postal sobre Hohenstaufen de 1905. Conrado III, Rei de romanos (1138-1152) Frederico I Barbarroxa, emperador (1155-1190) Henrique VI, emperador (1191-1197) Filipe de Suabia, rei de Alemaña (1198-1208) Frederico II, emperador (1220-1250) Henrique (VII), Rei de romanos (1220-1235) Conrado IV, rei de Alemaña (1237-1254), Rei de romanos
Reis de Sicilia Henrique VI (1194-1197) Frederico II (1198-1250) Henrique (VII) (1212-1217) (nominal, asociado co seu pai Frederico II) Conrado IV (1250-1254) Conradino (1254-1258/1268) Manfredo (1258-1266)
Duques de Suabia Frederico I de Suabia (1079-1105) Frederico II de Suabia (1105-1147) Frederico I Barbarroxa (Frederico III de Suabia) (1147-1152) Frederico IV de Suabia (1152-1167) Frederico V de Suabia (1167-1170) Frederico VI de Suabia (1170-1191) Conrado II de Suabia (1191-1196) Filipe de Suabia (1196-1208) Frederico II (Frederico VII de Suabia) (1212-1216) Henrique (VII) (Henrique II de Suabia) (1216-1235) Conrado IV (1235-1254) Conradino (Conrado V) (1254-1268)
Emperatrices Romanas Constanza II de Hohenstaufen (1230-1307)
Brasóns Foi Frederico I o primeiro que usou en heráldica a aguia imperial, un símbolo xa asociado ao Imperio Romano Xermánico. Só a partir do século XIII foron codificadas as regras da heráldica e comezou o uso de superpoñer o escudo da casa á aguia negra imperial (Schwarzer Adler).Empereurs Germaniques .
O escudo da casa de Suabia era de "ouro con tres leóns negros pasantes". A rama siciliana adoptou unha versión modificada da aguia imperial, substituíndo o campo de oro por un de prata, cunha aguia negra co bico e as patas vermellas.Royaume de Sicile.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier Università. ISBN 88-0020-474-0. Odilo Engels (2005): Die Staufer. 8. Auflage. Stuttgart: Kohlhammer. ISBN 3-17-017997-7.
Outros artigos Sacro Imperio Romano-Xermánico Reino de Sicilia
Ligazóns externas Die staufischen Ritter Os cabaleiros suabos (Papel dos Hohenstaufen en Italia) . Consultada o 5 de outubro de 2016.
Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Historia de Italia Categoría:Historia de Sicilia