Ælla (Ela, Aella), finado en 588, é o primeiro rei de Deira do que se ten algunha información. Un dos seus fillos foi Edwin de Deira e a súa filla Acha foi esposa de Aethelfrith de Bernicia e nai de Oswald de Bernicia.
Traxectoria De acordo coa Crónica Anglosaxoa, converteuse en rei o mesmo ano que Ceawlin de Wessex (560), tras a morte de Ida de Bernicia, e reinou por 30 anos. Con todo, a Crónica marca o ano 588 como aquel en que Ælla morreu, sendo o seu sucesor Aethelric. Posiblemente esta foi a razón pola que Florence de Worcester cambiou a data de ascenso ao trono de Ælla ao ano 559, o cal faría manter a duración do seu reinado en 30 anos.
Os manuscritos de Matthew Parker, e as súas subseguintes copias, preservan a seguinte xenealoxía de Ælla: "Ælla foi fillo de Yffe, o fillo de Uxfrea, o fillo de Wilgisl, o fillo de Westerfalca, o fillo de Sæfugl, o fillo de Sæbaldo, o fillo de Segegeat, o fillo de Swebdæg, o fillo de Sigegar, o fillo de Wædæg, o fillo de Woden".Nada máis se coñece de Ælla, pero parece ser mencionado na lendaria saga de Gautrek, onde foi visitado polo rei Gautrek.
Véxase tamén
Outros artigos Deira. Edwin de Northumbria. Oswald de Northumbria. Swerting.
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Reis de Deira Categoría:Finados en 588