Lynx Edicions é unha editorial fundada en 1989 en Barcelona, España, polo avogado e coleccionista Ramon Mascort Amigó, o naturalista Jordi Sargatal e o médico Josep del Hoyo.
Foi creada inicialmente para publicar basicamente a enciclopedia Handbook of the Birds of the World (Manual das aves do mundo) que, iniciada en 1992 co primeiro volume, consta de 16 volumes. No ano 2002 trasladouse a Bellaterra.
O seu fondo editorial conta tamén con libros de divulgación da natureza relacionados coa flora, a fauna, guías, e itinerarios ecoturísticos. Tamén creou unha nova colección infantil, Alas de Papel; os títulos desta serie constan de dúas seccións: narración dunha historia imaxinaria inspirada no mundo natural e amplamente ilustrada, e un apartado de coñecementos que trata sobre o personaxe do conto dunha maneira didáctica e fácil de comprender.
Relacións empresariais
A editorial mantén acordos de colaboración con entidades como BirdLife International (a organización mundial máis importante para o estudo e a conservación das aves), o Instituto Smithsoniano de Washington, D.C., Conservation International, o American Museum of Natural History, de Nova York. En colaboración coa IUCN, The World Conservation Union e Conservation International publicou a obra Threatened Amphibians of the World (Anfibios ameazados do mundo).
Tras o Manual das aves do mundo, está preparando a serie equivalente, o Handbook of the Mammals of the World (Manual dos mamíferos do mundo), que constará de 9 volumes, en colaboración con Conservation International e a IUCN. O primeiro volume, dedicado aos carnívoros, saíu do prelo no mes de abril de 2009. En xullo de 2016 apareceu o volume 6, dedicado a lagomorfos e roedores, I.
En 2002 Lynx Edicions emprendeu un novo procecto: a IBC (Internet Bird Collection). Trátase dunha gran base de datos interactiva de acceso gratuíto, que pretende compilar vídeos, fotografías, gravacións e outra información relativa a todas as aves do mundo. Actualmente están dispoñíbeis case 30.000 vídeos que representan a máis de 7.000 especies (un 60 % das existentes), e vaise incorporando novo material diariamente. Até xaneiro de 2009 colaboraran 310 persoas de 85 países diferentes.
Popularización Lynx Editions deuse a coñecer internacionalmente cando comezou a publicar o Manual das aves do mundo que, cando rematou en 2011, podíase documentar por primeira vez nunha soa obra todas as especies da clase, ilustradas e tratadas en detalle. Non existe un equivalente deste gran traballo integral que se completara antes del, ou de calquera outro grupo do reino animal.
Outros libros publicados
Juan M. Varela (2016): La forma del viento / Shaped by the wind. , Enric Aparicio (2016): Peixos continentals de Catalunya. Ecologia, conservació i guia d'identificació. Eduardo de Juana & Juan M. Varela (2016): Aves de España. . Barry Walker (2015): Field Guide to the Birds of Machu Picchu and the Cusco Region, Peru. . David W. Winkler, Shawn M. Billerman & Irby J. Lovette (2015): Bird Families of the World. A Guide to the Spectacular Diversity of Birds. .
Referencias Entrevista con Ramon Mascort Amigó en El Punt Avui, 5-09-2010. Lynx Editions en Pere Segarra Roca & Eleni Papaoikonomou (2012): 10 International Best Practices. Tarragona: Universitat Rovira i Virgili. ISBN 978-84-695-2925-5.
Véxase tamén Ligazóns externas
Lynx Edicions website Internet Bird Collection. Videos, photos & sounds of birds.
Categoría:Editoriais de Barcelona