Sonia Rykiel, nada Sonia Flis o 25 de maio de 1930 en París e finada o 25 de agosto de 2016 na súa cidade natal, foi unha deseñadora de moda francesa, fundadora da casa de moda Sonia Rykiel.Philippe Dayan, Dans les coulisses de Sonia Rykiel, Les Échos, no30, setembro de 2004, p. 58

Traxectoria O seu pai eran romanés e a nai polaca, ambos os dous xudeus, e Sonia era a máis vella dos cinco fillos da parella« Sonia Rykiel: Mode et Design » , ina.fr, 30 de decembro de 1989.. En 1948 era escaparatista na Grande Maison de Blanc e en 1954 casou con Sam Rykiel, propietario de Laura, unha tenda dedicada á confección de roupa,De fille en aiguille , Liberation, 10 de xaneiro de 2005 e foi nesta tenda na que realizou as súas primeiras confeccións, primeiro roupa para embarazadas e logo xerseis que se coñecerían como poor boy sweater e que se volverían as pezas icónicas da deseñadora, sempre á marxe da alta costura e ligada ao movemento prêt à porter.

En 1960, un dos seus xereis foi portada da revista Elle e Audrey Hepburn, nunha visita á tenda Laura, levou 14 xerseis asinados Sonia Rykiel de todas as coresJoyeux anniversaire Sonia Rykiel , Vogue, 24 de novembro de 2008

En 1965 creou, coa axuda do seu marido, a sociedade Sonia Rykiel C. D. M. Consagrada en 1967 pola revista estadounidense Women's Wear Daily como a "raíña do punto", Rykiel na procura dunha moda cómoda e versátil inventou as costuras visibles, as pezas sen remate nin vaíña, colocou mensaxes nas pezas de roupa e en xeral deu lugar a unha nova filosofía da moda: démode. Creando un estilo de elementos identificables como negros, o estampado a raias, o strass ou o encaixe.

A pesar do seu divorcio con Sam Rykiel, fundou con este último, en maio de 1968, o "griffe Sonia Rykiel" e abriu a súa primeira tenda en París. As súas creacións quedaron asociadas coa imaxe dunha parisiense "feminina, libre, sensual e independente".Mort de Sonia Rykiel, la couturière qui a libéré le pull , radiovl.fr, 25 de agosto de 2016,« Nathalie Rykiel: L’élégance, un mythe à casser, lesoir.be, 25 de agosto de 2016

Rykiel tamén foi escritora, escribiu varios libros sobre moda, unha colección de historias para nenos e unha novela epistolar con Régine Deforges. Publicou o seu primeiro libro, Et Je La Voudrais Nue, en 1979.

Libros 1979 : Et je la voudrais nue, éditions Grasset. 1988 : Célébration 20 ans de mode, éditions des femmes. 1989 : La collection, éditions Grasset. 1993 : Tatiana, acacia, contos infantís, ilustracións de Charles Matton, éditions Flammarion 4. 1994 : Collection terminée, Collection interminable, Éditions Flammarion. 1996 : Les lèvres Rouges, novela, éditions Grasset (éditions Kodansha, Xapón, 2000). 1999 : Paris sur les pas de Sonia Rykiel, éditions Garde Temps (éditions Shueisha, Japon, 2000). 2005 : L'envers à l'endroit, éditions Fayard. 2005 : Casanova était une femme, correspondencia entre Sonia Rykiel e Régine Deforges, ilustracións de Claire Bretécher, éditions Calmann-Lévy. Dictionnaire déglingué, éditions Flammarion (ISBN 978-2-0812-7178-4) 2012 : N'oubliez pas que je joue, escrito con Judith Perrignon, éditions de l'Iconoclaste.

Notas

Categoría:Deseñadores de moda de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Finados por párkinson Categoría:Empresarios de Francia