A AC-441 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades da Pereira (Santa Comba) e Berdoias (Vimianzo); atravesa os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Zas, Vimianzo e Dumbría. Ten unha lonxitude de 21,13 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-546 na Pereira (Santa Comba) e finaliza nun cruzamento coa AC-552 en Berdoias (Vimianzo).
Percorrido
A estrada comeza o seu percorrido no cruzamento da AC-400 e a AC-546 na aldea da Pereira, no concello de Santa Comba. De aí parte cara ao norte salvando o río Xallas á altura de Brandomil. En Baíñas, xa no concello de Vimianzo, crúzase coa estrada que vai de Baio a Olveira logo de ter bordeado o encoro da Fervenza. Antes de rematar, por fin, na AC-552 en Berdoias, dúas estradas permiten anticipar dita conexión co consecuente aforro de quilómetros entre Baíñas e Berdoias: a DP-9203 en dirección nordés, cara a Vimianzo, e a AC-442 en dirección suroeste, cara a Dumbría e Cee.
Descrición
A AC-441 forma parte do gran corredor que constitúe xunto coa AC-546 e a AC-544, que permite comunicar a área de Santiago de Compostela e as terras da Barcala e Xallas cos concellos da Costa da Morte.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Santa Comba Categoría:Mazaricos Categoría:Zas Categoría:Vimianzo Categoría:Dumbría