O dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo atópase entre as aldeas do Arxomil e Carnio, na parroquia de Treos, concello de Vimianzo.
Descrición Veciña a Pedra Cuberta mais de menores dimensións, ten cámara poligonal con seis esteos e corredor curto do que conserva catro esteos. Fáltalle a tampa da entrada, aínda que conserva desprazadas as da cámara sepulcral. Unha delas está caída no interior.
O dolmen está inserido nunha mámoa bastante aplanada da que pouco se aprecia, só chega ao metro de altura. Conserva pinturas de cor vermella e negra sobre fondo branco. Nunca houbo unha escavación arqueolóxica nesta anta, xa coñecida, recollida e deseñada polos Leisner. Conta Ramón Boga que en 1989 a parcela da Pedra Moura pasou de monte baixo a herbal. Os traballos de conversión estragaron a coiraza do túmulo. Con este movemento de terras as pedras desprazáronse e tamén fixeron que se descubrira no corredor un fragmento de cerámica campaniforme conservado hoxe no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.
Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Megálito Dolmen Lista de megálitos de Galicia
Categoría:Vimianzo Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña Pedra Moura de Monte Carneo