miniatura|dereita|Unha sesión do xuízo que se ordenou que se celebrase nunha plataforma no exterior (para evitar a calor da sala) na que o avogado defensor leu a testemuña escrita dos expertos científicos, aos que non se deixou declarar en persoa. Son visibles pancartas que din "Le a túa Biblia" que se colgaron en Dayton durante o xuízo. miniatura|dereita|Un posto antievolucionista ao inicio do "xuízo do mono". O xuízo de Scopes ou caso de o Estado de Tennessee contra John Thomas Scopes ou Tennessee contra Scopes ou, informalmente, o xuízo do mono (Scopes Monkey Trial), foi un famoso caso xudicial celebrado en Tennessee, Estados Unidos en 1925, no cal un profesor substituto de instituto chamado John Scopes foi acusado de violar a Lei Butler do estado de Tennessee, que prohibía a ensinanza da evolución humana en todas as escolas financiadas polo estado. O proceso foi deliberadamente montado para dar publicidade á pequena vila de Dayton, Tennessee, onde se celebrou, e chamar a atención sobre a prohibición da ensinanza da evolución nas escolas. Scopes incriminouse a si mesmo á mantenta para que ese asunto puidese ser defendido.
No xuízo, Scopes foi considerado culpable e multado con 100 dólares, pero máis tarde a multa foi anulada aducindo un tecnicismo legal. O proceso deulle unha gran publicidade nacional a Dayton, xa que reporteiros de todo o país acudiron en multitude alí para cubrir a actuación dos avogados de gran sona que representaban a cada parte. William Jennings Bryan, tres veces candidato á presidencia, actuou como fiscal, e Clarence Darrow, un famoso avogado defensor, defendeu a Scopes. O proceso puxo de relevo a controversia fundamentalismo-modernismo, na que os cristiáns modernistas, que dicían que a evolución non era incompatible coa relixión, se opoñían aos fundamentalistas, que dicían que a palabra de Deus revelada na Biblia tiña prioridade sobre calquera coñecemento humano. O caso foi visto tanto como unha disputa teolóxica coma un proceso sobre se debería ensinarse a ciencia moderna nas escolas. Sobre o caso de Scopes fixéronse obras de teatro, películas de cine e televisión e libros.
Orixes A orixe do conflito que motivou o xuízo de Scopes estaba na Lei Butler. O deputado estatal John W. Butler, un granxeiro e líder da World Christian Fundamentals Association, seguía a política de reclamar á asemblea lexislativa de Tennessee que aprobase leis anitievolución. Tivo éxito finalmente cando se aprobou a Lei Butler de Tennessee, o 25 de marzo de 1925.Ferenc M. Szasz, "William B. Riley and the Fight against Teaching of Evolution in Minnesota." Minnesota History 1969 41(5): 201-216. Butler posteriormente declarou: "Non sabía nada sobre evolución... Lera nos xornais que os rapaces e rapazas volvían da escola e lle contaban aos seus pais que a Biblia non tiña ningún sentido." O gobernador de Tennessee Austin Peay asinou a lei para gañarse o apoio dos lexisladores rurais, pero cría que a lei nunca sería imposta nin interferiría coa educación nas escolas de Tennessee.p.111 William Jennings Bryan agradeceu con estusiasmo a aprobación da lei; dixo: "Os pais cristiáns do estado teñen con vostede unha débeda de gratitude por salvar aos seus nenos da velenosa influencia dunha hipótese non probada."
En resposta, a American Civil Liberties Union financiou un caso que sentase precedente xurídico no cal John Scopes, un profesor de ciencias de instituto de Tennessee, estaba de acordo en ser procesado por violar a Lei. Scopes, que substituíra ao profesor que habitual, foi acusado o 5 de maio de 1925 de ensinar evolución utilizando un capítulo do libro de texto de George William Hunter Civic Biology: Presented in Problems (1914), que describía a teoría da evolución, raza e euxénese. As dúas partes trouxeron para representalos a algúns dos avogados máis famosos da nación, William Jennings Bryan para a acusación e Clarence Darrow para a defensa, e o xuízo foi seguido por medio de transmisións de radio en todo Estados Unidos e pola prensa.Edward J. Larson, Summer for the Gods: And America's Continuing Debate over Science And Religion (2006)
Montaxe do xuízo en Dayton miniatura|220px|O profesor protagonista do xuízo, John Thomas Scopes. A American Civil Liberties Union (ACLU) estaba preocupada pola violación dos dereitos civís que supoñían as leis que prohibían a ensinanza da evolución promovidas por grupos relixiosos, e ofrecérase a defender a calquera que fose acusado de ensinar a teoría da evolución desafiando a Lei Butler. Coñecendo isto, o 5 de abril de 1925, George Rappleyea, director local en Dayton dunha compañía mineira, metodista partidario da evolución, que buscaba darlle publicidade á pequena localidade de Dayton, daquela con pouco máis de 1.700 habitantes, pensou que un xuízo sobre a ensinanza da evolución faría que Dayton fose o centro de atención. Arranxou unha xuntanza co superintendente de escolas do condado Walter White e o avogado local Sue K. Hicks e convenceunos do interesante que sería para Dayton montar este xuízo. O grupo pediulle a un profesor de 24 anos do instituto local chamado John T. Scopes que admitise ter explicado a evolución, para poder así montar o desexado xuízo. The Great Monkey Trial, by L. Sprague de Camp, Doubleday, 1968
Rappleyea indicou que o estado incorría nunha contradición, porque, se ben a Lei Butler prohibía a ensinanza da evolución humana, o estado tiña como libro de texto obrigatorio un que tiña un capítulo sobre evolución, polo que aos profesores en certa medida se lles requiría que violasen a lei.An introduction to the John Scopes (Monkey) Trial by Douglas Linder. UMKC Law. Retrieved April 15, 2007. Scopes non recordaba se realmente explicara a evolución en clase, aínda que si chegara aos gráficos e ao capítulo na clase, pero accedeu a que se montase o xuízo.Presley, James and Scopes, John T. Center of the Storm. p. 60. New York: Holt, Rinehart and Winston. (1967)
Scopes púxose de acordo cos estudantes para que testemuñasen contra el. "Scopes rogou aos estudantes que testemuñasen contra el, e adestrounos nas súas respostas." Foi imputado o 25 de maio, despois de que tres estudantes testemuñasen contra el Scopes foi acusado de ter explicado o capítulo sobre evolución o 24 de abril de 1925, e foi arrestado, pero nunca chegou a estar detido, xa que Paul Patterson, propietario do xornal The Baltimore Sun, pagou a fianza de 500 dólares pedida.The New York Times May 26, 1925: pp. 1, 16de Camp, pp. 81–86.
Os fiscais orixinais eran Herbert E. e Sue K. Hicks, pero finalmente actuou de fiscal Tom Stewart. A World Christian Fundamentals Association chamou ao famoso avogado, devoto presbiteriano e anterior candidato á presidencia dos Estados Unidos William Jennings Bryan para que actuase representando a organización. Bryan fora orixinalmente invitado por Sue Hicks para actuar como asociado do fiscal e Bryan rapidamente aceptara.de Camp, pp. 72–74, 79Scopes and Presley, Center of the Storm. pp. 66–67. Por tanto, o equipo da fiscalía estaba liderado polo fiscal do distrito Tom Stewart, e incluía a Herbert e Sue Hicks, Ben B. McKenzie e William Jennings Bryan.
En resposta, a defensa chamou para que a representara a Clarence Darrow, un famoso avogado agnóstico. Despois de varios cambios, o equipo da defensa quedou formado por Darrow, o avogado da ACLU Arthur Garfield Hays, e o avogado Dudley Field Malone.
O xuízo foi cuberto por numerosos xornalistas, entre eles H. L. Mencken do The Baltimore Sun, que tamén pagou parte dos gastos da defensa, e que foi quen inventou a denominación periodística de "o xuízo do mono". Foi o primeiro xuízo nos Estados Unidos que foi transmitido por radio a toda a nación.
Desenvolvemento do proceso xudicial A ACLU inicialmente pretendía opoñerse á Lei Butler por considerar que era inconstitucional e violaba os dereitos individuais do profesor e a liberdade académica, pero despois a estratexia cambiou. Os argumentos iniciais da defensa foron que non había realmente conflito entre a relixión e a evolución (o que despois se chamaría evolución teísta). Chamou a oito expertos científicos para que testemuñasen, pero o xuíz non permitiu que testemuñasen en persoa todos e só puideron enviar declaracións escritas."Evolution in Tennessee". Outlook 140 (29 July 1925), pp. 443-44.
O xuíz John T. Raulston foi acusado de estar inclinado a favor do fiscal e tivo frecuentes enfrontamentos con Darrow. O xuíz advertira ao xurado que non xulgaran a bondade da lei (que ía ser o foco do xuízo) senón a violación da lei.Larson, Edward J., Summer for the Gods: The Scopes Trial and America's Continuing Debate Over Science and Religion (1997), pp. 108-109. Cambridge, Mass.: Harvard University Press (1998).
Nas últimas fases do xuízo, Clarence Darrow abandonou a estratexia orixinal da ACLU e atacou a interpretación literal da Biblia.
Bryan recriminoulle á evolución que ensinase aos nenos que os humanos eran só un tipo entre os miles de mamíferos e laiouse da noción de que os humanos descendesen de monos africanos.
Malone respondeu co que se considera o discurso máis brillante do xuízo.de Camp, p335 Xerando medo ante as "inquisicións", Malone argumentou que a Biblia debería ser mantida no ámbito da teoloxía e da moralidade e non nun curso de ciencias. Declarou que o "duelo a morte" de Bryan contra a evolución non debería ser unilateral, xa que o tribunal negou a presenza das testemuñas clave da defensa.Scopes and Presley, Center of the Storm, pp. 154–56.
O sexto día do xuízo o xuíz declarou que todos os testemuños da defensa sobre a Biblia eran irrelevantes e non deberían ser presentados ao xurado. No sétimo día a defensa adoptou a estatexia de chamar ao propio avogado Bryan para que testemuñase como experto na Biblia.de Camp, p.412. Preguntoulle a Bryan sobre varias cuestións do libro do Xénese nun esforzo para demostrar que a crenza na historicidade da Biblia e os seus relatos de milagros era irrazoable.
A confrontación entre Bryan e Darrow durou unhas dúas horas e debía proseguir ao día seguinte, pero o xuíz Raulston anunciou que consideraba todo ese interrogatorio irrelevante para o caso e que debería ser "suprimido" da acta. Así, a Bryan tampouco se lle permitiu que interrogase aos avogados da defensa."The New York Times, July 22, 1925: p. 2.
Finalmente, Darrow dirixiuse ao xurado e dixo:
Viñéramos aquí a presentar evidencias neste caso e o tribunal mantivo que segundo a lei as evidencias que tiñamos non eran admisibles, polo que todo o que podemos facer é facer unha obxección e levalo a un tribunal superior para ver se as evidencias son admisibles ou non...nin sequera podemos explicarlles que pensamos que deberían dar un veredicto de non culpabilidade. Non sei como poderían [facelo]. Non o pedimos.
Darrow pechou o caso sen facer unha alegación de conclusións finais. Tampouco puido facelo Bryan, xa que segundo a lei de Tennessee, se non o fai a defensa tampouco pode facelo o fiscal.
Scopes nunca chegou a testemuñar no xuízo.
Despois de oito días de xuízo, o xurado tardou só nove minutos en deliberar. Scopes foi declarado culpable o 21 de xullo e condenado a pagar unha multa de 100 dólares imposta directamente polo xuíz Raulston. Finalmente o acusado, Scopes, falou por primeira vez e única no tribunal, e dixo: Señoría, sinto que fun condenado por violar unha lei inxusta. Continuarei no futuro, como fixen no pasado, opoñéndome a esta lei de calquera forma que poida. Calquera outra acción sería en violación do meu ideal de liberdade académica, é dicir, de ensinar a verdade, como está garantido na nosa constitución, da liberdade persoal e relixiosa. Creo que a multa é inxusta. (World's Most Famous Court Trial, p. 313.)
Apelación ao Tribunal Supremo de Tennessee