A praia do Dique, tamén coñecida como praia do Río Maior, é un pequeno areal situado no litoral do lugar do Dique, na parroquia de Queiruga, no concello do Porto do Son.

Características miniatura|esquerda|Bañistas na praia do Dique.

É unha praia aberta (fóra da ría) que ten unha lonxitude de 85 m e unha anchura de 30 m. A súa area é fina. A praia está illada, carece de paseo marítimo, e principalmente está composta por rochas e area banca e dourada. O estado habitual do mar é de ondadas fortes. Está incluída na Rede Natura 2000. O seu nivel habitual de ocupación nos meses de verán é medio.Playa Rio Maior/O Dique en Playas de España .Rio maior (O Dique) en Turgalicia. Inclúe localización, como chegar, numerosas imaxes e informacións útiles para o viaxeiro .Playa de Río Maior/O Dique en Queplaya.es .

A praia do Dique conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, é fácil. Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de San Martiño de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Praia do Dique (Queiruga), un día despois do temporal Vídeo en YouTube. Praia do Dique Vídeo en YouTube. Praia do Dique (O Porto do Son) Facendo forma de lagoa Vídeo en YouTube.

Categoría:Praias do Porto do Son