A 78ª edición da Volta a Portugal foi unha carreira ciclista por etapas que se disputou en Portugal. Comezou cun prólogo de 3,6 km o 27 de xullo en Oliveira de Azeméis e acabou cunha contra reloxo con fin en Lisboa o 7 de agosto. Esta proba forma parte do UCI Europe Tour coa categoría 2.1.

A carreira correuse en 11 etapas: 9 etapas en liña das cales 2 son de alta montaña, 1 prólogo de 3,6 km por Oliveira de Azeméis e 1 contra reloxo individual final de 32 km entre Vila Franca de Xira e a capital. En total, os ciclistas fixeron 1.618,7 km.

O gañador da Grandíssima foi o luso Rui Vinhas que aproveitou unha fuga de case 5 minutos con respecto ao pelotón na terceira etapa, que lle serviu para aguantar co xersei amarelo até o final. Na segunda posición final rematou o galego gañador das dúas edicións anteriores e máximo favorito ao título, Gustavo César Veloso. Ademais, o arousán gañou tres etapas (as dúas máis importantes e a contra reloxo final) e maillot verde dos puntos. No terceiro lugar rematou o tamén luso Daniel Silva.

Nas clasificacións secundarias, o colombiano Wilson Díaz levou a clasificación da montaña, o ruso Alexander Vdovin o xersei branco de mellor xove e o W52-FC Porto-Porta canal a clasificación por equipos por terceira vez consecutiva.

Equipos Tras varios anos con tan só 1 equipo Profesional Continental, este ano a calidade volveu aumentar. Na carreira participaron 18 conxuntos, dos cales 5 foron de categoría Profesional Continental e 13 de categoría Continental (6 portugueses e o resto estranxeiros). Equipo Código Categoría Androni Giocattoli-Sidermec AND Prof. Continental Arnée de Terre ADT Continental Astana City TSE Continental Boyacá Raza de Campeones BRC Continental Caja Rural-Seguros RGA CJR Prof. Continental Christina Jewelry Pro Cycling SGT Continental Drapac Professional Cycling DPC Prof. Continental Efapel EFP Continental Euskadi Basque Country–Murias EUS Continental Funvic Soul Cycles–Carrefour FSC Prof. Continental Inteja-MMR Dominican Cycling DCT Continental LA Aluminios-Antarte LAA Continental Lokosphinx LOK Continental Louletano-Hospital Loulé-Jorbi LHL Continental Rádio Popular-Boavista RPB Continental Team Roth ROT Prof. Continental Sporting Clube de Portugal/Tavira TAV Continental Verandas-Willems WIL Continental W52-FC Porto–Porto Canal W52 Continental

Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder Prólogo 27 de xullo Oliveira de Azeméis 16px 3,6 (CRI) Rafael Reis Rafael Reis 1.ª 28 de xullo Ovar-Braga 16px|Etapa de media montaña 167,4 Daniel Mestre Daniel Mestre 2.ª 29 de xullo Viana do Castelo-Fafe 16px|Etapa de media montaña 160 Francesco Gavazzi Daniel Mestre 3.ª 30 de xullo Montalegre-Macedo de Cavaleiros 16px|Etapa de media montaña 158,9 William Clarke Rui Vinhas 4.ª 31 de xullo Braganza-Mondim de Basto 16px|Etapa de montaña 191,9 Gustavo César Veloso Rui Vinhas 5.ª 1 de agosto Lamegol-Viseu 16px|Etapa de media montaña 153,2 Vicente de Mateos Rui Vinhas 6.ª 3 de agosto Belmonte-Guarda 16px|Etapa de montaña 173,7 Gustavo César Veloso Rui Vinhas 7.ª 4 de agosto Figueira de Castelo Rodrigo-Castelo Branco 182 José Gonçalves Rui Vinhas 8.ª 5 de agosto Nazaré-Arruda dos Vinhos 208,5 Jesús Ezquerra Rui Vinhas 9.ª 6 de agosto Alcácer do Sal-Setúbal 187,5 Daniel Mestre Rui Vinhas 10.ª 7 de agosto Vila Franca de Xira-Lisboa 16px 32 (CRI) Gustavo César Veloso Rui Vinhas Total 1.618,7 Rui Vinhas

Clasificación xeral A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira: PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Rui Vinhas W52–FC Porto–Porto Canal 40h 57' 56" 2 Gustavo César Veloso 25px W52–FC Porto–Porto Canal + 1' 31" 3 Daniel Silva Rádio Popular–Boavista + 2' 49" 4 Raúl Alarcón W52–FC Porto–Porto Canal + 3' 30" 5 Joni Brandão Efapel + 3' 54" 6 Amaro Antunes LA Aluminios-Antarte + 5' 08" 7 Henrique Casimiro Efapel + 6' 03" 8 Vicente García de Mateos Louletano–Hospital de Loulé + 6' 30" 9 Rui Sousa Rádio Popular-Boavista + 6' 44" 10 Ricardo Vilela Caja Rural-Seguros RGA + 7' 21"

Outras clasificacións Clasificación por puntos Pos.CiclistaEquipoPuntos 25px Gustavo César Veloso W52 124 2 Daniel Mestre Efapel 89 3 Francesco Gavazzi Androni 70

Clasificación da montaña Pos.CiclistaEquipoPuntos 25px Wilson Díaz Funvic 70 2 Joni Brandão Efapel 57 3 Bruno Silva LA Aluminios 55

Clasificación dos xoves Pos.CiclistaEquipoTempo 25px Alexander Vdovin Lokosphinx 41h 39' 15" 2 Diego Ochoa Boyacá + 17' 34" 3 Vitor Etxebarria Boavista + 18' 55"

Clasificación por equipos Pos.EquipoTempo 25px W52–FC Porto–Porto Canal 122h 54' 24 2 Radio Popular-Boavista + 16' 46" 3 Efapel + 33' 33"

Véxase tamén Outros artigos Volta a Portugal

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Ciclismo en 2016 Categoría:Volta a Portugal