O termo Camiño real pode referirse a:
Na antigüidade, un camiño real era unha vía de comunicación de grande importancia construída pola coroa ou a igrexa; En Galiza existían os seguintes camiños reais: Camiño e Plantío Real (século XVIII), camiño de roda arborado que uniu Pontevedra e A Coruña con Santiago de Compostela, a partir da rede viaria romana e os camiños castrexos. Esta vía evolucionaría posteriormente na estrada N-550; Camiño Real da Coruña (1761), unía Madrid co porto da Coruña. Posteriormente converteríase na estrada xeral nº 7; Camiño Real entre Tui e Baiona.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza O Camiño Real, lugar da parroquia de Bermés, no concello de Lalín; O Camiño Real, lugar da parroquia de Aro, no concello de Negreira; O Camiño Real, lugar da parroquia de San Martiño de Pacios, no concello de Begonte; O Camiño Real, lugar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalbar
Véxase tamén Outros artigos