Sangonera la Seca é unha pedanía do concello de Murcia, na Rexión de Murcia. Atópase a 11 km de Murcia e sitúase a unha altitude media de 100 metros sobre o nivel do mar.

Ten unha extensión de 74,208 km², sendo a pedanía máis extensa do concello. Limita coas pedanías de Cañada Hermosa e Barqueros e o concello de Alcantarilla ao norte, coas pedanías de Nonduermas, San Ginés e Sangonera la Verde ao leste, coa pedanía de Carrascoy-La Murta ao sur e cos concellos de Librilla e Alhama de Murcia ao oeste.

Contaba en 2008 cunha poboación de 5.036 habitantes, agrupados en varios núcleos de poboación.

Véxase tamén Ligazóns externas Información na web do concello de Murcia

Categoría:Pedanías de Murcia