Sangonera la Verde é unha pedanía do concello de Murcia, na Rexión de Murcia. Atópase a 8 km de Murcia e sitúase a unha altitude media de 95 metros sobre o nivel do mar.
Ten unha extensión de 14,418 km². Limita coas pedanías de Sangonera la Seca e San Ginés ao norte, El Palmar ao leste, Corvera e Carrascoy-La Murta ao sur e Sangonera la Seca ao oeste.
Contaba en 2013 cunha poboación de 11.067 habitantes (5.518 homes e 5.549 mulleres), agrupados en tres núcleos de poboación: Sangonera la Verde o Ermita Nueva, Torre Guil e Frondoso Valley.
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web do concello de Murcia
Categoría:Pedanías de Murcia