A noite dos mortos viventes (en ) é un filme estadounidense dirixido por George A. Romero que se estreou en 1968. Está protagonizado por Duane Jones e Judith O'Dea. Tivo un orzamento de 114 000 dólares e converteuse nun grande éxito comercial recadando 12 millóns de dólares nos Estados Unidos e 18 millóns internacionalmente. Dende entón, converteuse nun clásico de culto, e malia que nun primeiro momento, foi duramente criticado polo seu gore explícito, foi posteriormente louvado pola crítica e seleccionado pola Biblioteca do Congreso para a súa conservación no National Film Registry, como un filme "cultural, histórico, ou esteticamente significativo".

Personaxes Duane Jones como Ben Judith O'Dea como Barbra Blair Karl Hardman como Harry Cooper Marilyn Eastman como Helen Cooper Keith Wayne como Tom Judith Ridley como Judy Kyra Schon como Karen Cooper Charles Craig como Newscaster / Non morto Bill Hinzman como Morto vivente do cemiterio George Kosana como Sheriff McClelland Russell Streiner como Johnny Blair Bill Cardille como "Chilly Billy Cardilly"

Dominio público Entrou no dominio público debido a un erro na distribución, xa que nos títulos de crédito non aparecía o copyright indicando o dereito de autoría. Con todo, unha nova copia restaurada en 4K ficou fóra do dominio público. Netflix retirou do seu catálogo o filme por un requirimento de Alemaña.

Relación do filme con Galiza O director recorreu á súa familia na Coruña para conseguir o financiamento necesario para rodar a que foi a súa primeira película. Ademais, George A. Romero dixo en diversas ocasións que as historias sobre a Santa Compaña que lle contaba a súa tía galega inspirárono para escribir o guión do filme.

Foi emitido na TVG o 13 de maio de 1991.La Voz de Galicia, 13 de maio de 1991. Páx. 78

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1968 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por George A. Romero Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de terror Categoría:Filmes de zombis Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1968 con versión en galego