miniatura|Lámpadas e candeas do Diwali. O Tihar (), Swanti (), ou Deepawali (devanágari: दीपावली) é un festival hindú de cinco días de duración que se celebra no Nepal pouco despois do Dashain. É semellante ó Deepawali celebrado na India pero con variacións rexionais. No Nepal, tódolos grupos étnicos hindús celebran este festival coas súas propias variacións culturais. Entre os newari, é coñecido popularmente como Deepawali ou Swanti. O festival celébrase dende Trayodashi de Kartik Krishna até Kartik Shukla Dwitiya cada ano. Tihar é polo xeral o festival das luces, onde diyas son acesas dentro e fóra das casas para iluminar a noite. Este festival de cinco días de duración é de grande importancia e amosa o respecto non só polas persoas e polos deuses, senón tamén por animais como vacas, corvos e cans, que manteñen unha estreita relación cos humanos. A xente fai debuxos de patróns no chan das habitacións empregando materiais como arroz de cores, area ou pétalos de flores fóra das casas, que se chama Rangoli e é unha forma sagrada de dar a benvida ós deuses do hinduísmo.

miniatura|esquerda|Un can sendo venerado no Kukur tihar do Nepal.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Todo sobre o festival Tihar - Ashesh's Blog Calendario nepalés cos festivais festivais

Categoría:Hinduísmo Categoría:Cultura do Nepal