O Stade Bordeaux-Atlantique, coñecido por motivos de patrocinio como Stade Matmut Atlantique, é un estadio da cidade de Bordeos, na rexión francesa da Aquitania. Nel xoga os seus partidos a Girondins de Bordeaux en substitución do antigo Stade Jacques Chaban-Delmas.

É obra do prestixioso grupo de arquitectos Herzog & de Meuron, conformado por Jacques Herzog e Pierre de Meuron e foi inaugurado o 18 de maio de 2015. Ten capacidade para 42.115 espectadores.

Foi unha das sedes da Eurocopa de fútbol 2016.

Matmut-Atlantique Categoría:FC Girondins de Bordeaux Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 2016