Guillaume Rondelet, coñecido tamén como Rondeletius e como Rondellet, como el mesmo escribiu ás veces,Gustave Planchon (1868), p. 7. nado o 27 de setembro de 1507 en Montpellier,Jean-Pierre Niceron (1726), t. 33 p. 306 e ss. e morto o 30 de xullo de 1566 na vila de Réalmont (hoxe no departamento de Tarn, rexión de Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos, Francia), foi un médico e naturalista francés, célebre polos seus traballos sobre os peixes, por formar en medicina a numerosos alumnos, logo médicos famosos, e por ser un destacado taxonomista prelinneano.
Traxectoria Fillo dun comerciante, un aromatarius, título que se corresponde con tres profesións de hoxe en día: tendeiro, drogueiro e farmacéutico. Seu pai morreu cando Rondelet era aínda un neno. O porvenir deste neno era ben sombrío, xa que o seu pai, que tiña unha nomerosa familia, destinábao ao estado eclesiástico, e lle legou moi pouco diñeiro; por outra parte, a familia colocouna na casa dunha muller afectada dunha enferminade venérea que o contaxiou. A súa saúde sería débil durante toda a súa xuventude.Laurent Joubert, (1599): Gulielmi Rondeletii vita, mors, et epitaphia, cum catalogo scriptorum ab eo relictorum, quæ ad D. Joubert manus pervenerunt, en Laurent Joubert (1599): Operum latinorum tomus primus, p. 150.
O relevo foi xenerosamente tomado polo seu irmán máis vello Albert, que apoiou os seus estudos. Pero cando Rondelet chega a París, en 1525, con 18 anos, era aínda moi ignorante; lle levara moito tempo apreder a ler e escribir porque os seus mestres foran moi malos. Pero en París emprende os seus altos voos. Regresou a Montpellier en 1529 e matriculouse en medicina na súa Universidade. Un ano máis tarde foi nomeado procurador dos escolares; foi a este título no que recibiu a inscrición de Rabelais.Gustave Planchon (1866), p. 8. Rabelais e Rondelet compartiron quizais algunha botella (pero Rondelet, temendo á gota, renunciou ao viño aos 25 anos).Jean-Pierre Niceron (1726), p. 313. En calquera caso compartiron, con Guillaume Pellicier, o recentemente redescuberto garum,O garum era unha salsa de peixe preparada con vísceras fermentadas de peixe que era considerada polos habitantes da antiga Roma como un alimento afrodisíaco, que só era consumido polas clases altas da sociedade. e fixéronse amigos.Gustave Planchon (1868), p. 6. Foi tamén debido a ese título de procurador dos estudantes polo que recibiu a orde de dar de baixa a Michel de Notre-Dame (Nostradamus), que fora boticario e que calumniaba aos médicos."L'étudiant en médecine Michel de Nostredame (1521-1533)".Marcel Gouron (1957): Matricule de l'université de médecine de Montpellier, 1503–1599. Xenebra (Suíza): Librairie Droz.
Obtido o título de bacharel, Rondelet exerceu en Pertuis, na Provenza, completando os seus ingresos dando clases a nenos.Gustave Planchon (1866), p. 10. Axiña regresou a París, a estudar anatomía e grego, coa axuda do seu irmán Gilbert.
Johann Winter von Andernach introduciuno na arte, daquela pouco practicada, da disección.Gustave Planchon (1866), p. 11. miniatura|180px|esquerda|Lámina de Rondelet nun libro. Logo practicou en Maringues, na Auvernia, e recibiu o título de doutor en Medicina en 1537, en Montpellier. Casou no mes de xaneiro do ano seguinte. A súa cuñada atende tan xenerosamente as necesidades da parella que impide que Rondelet busque o seu sustento co seu amigo Pellicier, que chegara a ser embaixador en Venecia. Foi nesta época na que se sitúa o episodio, que suscitou moitos malentendidos, no que o seu fillo máis vello morreu, e el fíxolle a disección.
Rondelet foi o médico particular do cardeal de Tournon (Savoia) ao que acompañou en diferentes viaxes, especialmente a Italia e aos Países Baixos.
Tras a morte de Pierre Laurent obtivo unha cátedra na facultade de Medicina de Montpellier, desde a cal influíu sobre moitos científicos da súa época, e noutros posteriores, como o Padre Sarmiento, que o chamaba o cabaleiro Rondelecio. Participou activamente na construción dun anfiteatro na facultade que mandou construír Henrique II de Francia. Este anfiteatro, tan renacentista, permitiu a Rondelet facer as súas demostracións coa disección de numerosos cadáveres. Converteuse, en 1556, en reitor da facultade tras a morte de Jean Schyron. Incluso sen ter publicado ningunha obra de botánica curativa, exerceu neste dominio unha influencia considerábel. miniatura|260px|Ilustración de De piscibus marinis, 1554. Pero o seu Libri de Piscibus Marinis. Histoire des poissons (Historia dos peixes), foi o que lle deu o maior renome. Nel describiu 244 especies do Mediterráneo, ao tempo que criticaba os textos antigos polos seus erros. Rexeitou todo o que podía parecer ser unha fábula. As ilustracións, xilografadas, permitían recoñecer perfectamente as diferentes especies.
Runiuse especialmente con Ulisse Aldrovandi, e foi o mestre de Jean e Gaspard Bauhin, de Conrad Gessner, de Charles de l'Écluse, de Léonard Rauwolf, de Mathias de l'Obel —Rondelet legoulle os seus manuscritos—, de Jacques Daléchamps, ou de Pierre Richer de Belleval.
Foi o modelo do personaxe do doutor Rondibilis no libro Tiers livre de François Rabelais (1483 ou 1494-1553).
Principais obras Entre as obras que publicou, destacan: De piscibus marinis, libri XVIII, in quibus veræ piscium effigies expressæ sunt (1554, Lión) Universæ aquatilium historiæ pars altera, cum verisipsorum imaginibus (1555) Histoire entière des poissons (1558, Lión), integramente en francés e ilustrado con gravados sobre madeira Methodus de materia medicinali et compositione medicamentorum Palavii (1556)
Abreviaturas A abreviatura Rondelet emprégase para recoñecer a Guillaume Rondelet como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía. A abreviatura Rondelet emprégase para recoñecer a Guillaume Rondelet como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Laurent Joubert, (1599): Gulielmi Rondeletii vita, mors, et epitaphia, cum catalogo scriptorum ab eo relictorum, quæ ad D. Joubert manus pervenerunt p. 150. Jean-Pierre Niceron (1726): Guillaume Rondelet, en Mémoires pour servir à l'histoire des hommes illustres dans la république des lettres, avec un catalogue raisonné de leurs ouvrages, t. 33, p. 306. Gustave Planchon (1968): Matériaux pour la flore médicale de Montpellier et des Cévennes d'après Lobel, 44 p. M. Grmek (1996): Histoire de la pensée médicale en Occident, II, Le Seuil, París.
Ligazóns externas Obra de Rondelet dixitalizada polo SCD da Université Louis Pasteur de Strasbourg, (Universidade Louis Pasteur de Estrasburgo) Rondelet, Guillaume (1507-1566) no International Plant Names Index (IPNI)
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Médicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en 1507 Categoría:Nados en Montpellier Categoría:Finados en 1566 Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores en lingua francesa