A lingua de sinais catalá (en ; LSC) é unha lingua de sinais empregada en Cataluña. No 2012, a Federación de persoas Xordas de Cataluña estimou en 25 000 os usuarios desta lingua, das cales 12 000 eran persoas xordas de Cataluña. Ten un 50% de intelixibilidade coa lingua de sinais española (LSE). Segundo as bases de intelixibilidade, léxico e actitudes sociais, os lingüistas concordan en que son linguas distintas.

Dende 1994, a lingua de sinais catalá ten status oficial, de acordo coa lei de promoción da lingua promulgada pola Generalitat de Cataluña. Cataluña foi a primeira Comunidade Autónoma española en aprobar unha de lingua de sinais.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Comunidade xorda Día Internacional da Lingua de Sinais

Ligazóns externas FESOCA (Federación de persoas Xordas de Cataluña) Asociación para a Difusión da Comunidade Xorda, ADCS-DifuSord

Categoría:Linguas de sinais Categoría:Linguas de Cataluña