Ramón Otero Túñez, nado en Santiago de Compostela o 23 de xuño de 1925, e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 2010,Pesar en Santiago por la muerte del catedrático de Arte Otero Túñez . El Correo Gallego, 10-02-2010. foi un historiador da arte e catedrático de universidade galego.

Traxectoria Formación Licenciouse en Filosofía e Letras, con premio extraordinario, na Universidade de Santiago de Compostela en 1946, e iniciou a especialidade de Historia da Arte baixo a dirección de Calixto García Seoane, doutorándose en 1950 na Universidade Central de Madrid coa tese La imaginería en Santiago de Compostela, dirixida por Francisco Javier Sánchez Cantón.

Foi pensionado polo Ministerio de Educación Nacional para ampliar estudos nos Países Baixos (1952) e Italia (1954) e completou a súa formación con viaxes de estudo por todas as rexións españolas, Francia, Portugal e Israel.

Labor docente En 1949 gañou por oposición a praza de profesor adxunto de Historia da Arte da Universidade de Santiago, cargo que logo desempeñou na Universidade de Madrid, ao lado de Sánchez Cantón. Tamén exerceu a docencia en Norteamérica (1962-1963). Neste último ano obtivo o número un nas oposicións a cátedras de Historia da Arte, exercendo durante un curso na Universidade de Murcia, trasladándose no curso seguinte á de Santiago, na que permaneceu até a súa xubilación.

Cargos desempeñados Otero Túñez foi director do Departamento de Historia da Arte da Universidade desde a súa constitución en 1967, secretario do Secretariado de Publicacións da Universidade (1953-1960), decano da Facultade de Filosofía e Letras (1967-1974), e primeiro decano da nova Facultade de Xeografía e Historia (1975-1980).

Foi colaborador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do CSIC, e secretario do Centro de Estudo Xacobeos, entidade dependente da Arquidiocese de Santiago, e incorporado ao Patronato Marcelino Menéndez Pelayo do CSIC. Centro de Estudios Jacobeos na Xacopedia.

Labor de investigación Con Ramón Yzquierdo Perrín investigou o Coro pétreo do mestre Mateu da nave maior da Catedral de Santiago de Compostela, traballo que permitiu a reconstrución da maior parte do cadeirado alto nunha nova sala do Museo catedralicio, tarefa que se desenvolveu en varios anos.

Recoñecementos Otero Túñez foi membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla e da Academia Nacional de Belas-Artes de Lisboa, e membro de número da sección de escultura da Real Academia Galega de Belas Artes.

En 1974, Ramón Otero Túñez foi galardoado coa medalla de ouro da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago.

Con motivo da súa xubilación publicáronse dous libros na súa homenaxe: María del Pilar de Torres Luna (1988): Biografía y bibliografía científicas del Ilmo. Sr. D. Ramón Otero Túñez en sus veinticinco años de catedrático (1963-1988). Santiago de Copmpostela: Tórculo Edicións. ISBN 84-404-1468-4. José López-Calo, coord. (1993): Estudios sobre Historia del Arte: ofrecidos al Prof. Dr. D. Ramón Otero Túñez en su 65º cumpleaños. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións. ISBN 84-8121-072-2.

Obras Otero Túñez publicou catorce artigos en revistas, trinta e cinco artigos en obras colectivas, e sete libros, ademais de dirixir sete teses de doutorammento.Ramón Otero Túñez en Dialnet.

Libros Arte barroco italiano. Santiago, 1952. (Reed. 1964). El escultor Ferreiro (1738-1830). Santiago, 1957. El escultor Francisco Asorey. Santiago, 1959. La Catedral de Santiago de Compostela. La Edad Contemporánea, 1977. Plástiaca gallega. Entre dos siglos: Tres generaciones en la pintura gallega. Vigo, 1981. El "Legado" artístico de la Compañía de Jesús a la Universidad de Santiago. Santiago, 1986. El coro del maestro Mateo. (Con Ramón Yzquierdo Perrín). A Coruña, 1990.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(1974). "Otero Túñez, Ramón", na Gran Enciclopedia Gallega Tomo 23. Santiago / Gijón: Silverio Cañada. ISBN 84-7286-214-3. (1988). Biografía y bibliografía científicas del Ilmo. Sr. D. Ramón Otero Túñez en sus veinticinco años de catedrático (1963-1988)''. Santiago de Copmpostela: Tórculo Edicións. ISBN 84-404-1468-4.

Outros artigos Carmela Otero Túñez

Ligazóns externas Ramón Otero Túñez en Necrológicas. Real Academia Galega de Belas Artes .

Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 2010 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá