Petras Parčevskis, nado c. 1598 e finado o 6 de decembro de 1658, foi un eclesiástico católico latino lituano, bispo de Smolensk entre 1636 e 1649, e bispo de Samoxicia dende 1649 até o seu pasamento.
Traxectoria Naceu arredor de 1598. Procedía dunha familia ortodoxa. Converteuse ao catolicismo en 1617 e ingresou no seminario de Vilnius, e posteriormente no seminario pontificio de Braniewo. Continuou os seus estudos na Universidade de Vilnius, onde se graduou en artes liberais e filosofía en 1622, e logo de doutorarse en teoloxía foi ordenado sacerdote en 1628.
En 1630 foi nomeado administrador apostólico de Smolensk, e na guerra ruso-polaca permaneceu na cidade sitiada. En 1635 o rei Ladislau IV nomeouno primeiro bispo de Smolensk. Parčevskis viaxou a Roma para obter a aprobación papal, que lle foi concedida o 1 de setembro de 1636. O 7 de setembro foi consagrado bispo polo cardeal Giovanni Battista Pamphili.
En 1649 foi nomeado bispo de Samoxicia. En 1656 asinou a Unión of Kėdainiai, converténdose no único bispo da república. Finou en 1658.
Notas
Categoría:Nados en 1598 Categoría:Finados en 1658 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Lituania Categoría:Bispos católicos de Rusia Categoría:Alumnos da Universidade de Vilnius