miniatura|dereita|Luke Durbridge en xaneiro de 2013. Luke Durbridge, nado en Greenmount o 9 de abril de 1991, é un ciclista australiano . É un especialista en probas contra o reloxo, tal e como demostran as súas numerosas vitorias contra o reloxo. Actualmente corre para o equipo ProTeam australiano Orica-GreenEDGE. Traxectoria Durbridge comezou a practicar tríatlon aos 14 anos en Australia. En 2009 proclamouse campión do mundo sub-19 na modalidade contra o reloxo no mundial disputado en Moscova. Ese mesmo ano foi tamén campión do mundo sub-19 na categoría de Madison. En 2011, álzase coa vitoria no Campionato do Mundo de Ciclismo Contra o Reloxo sub-23, disputado en Dinamarca, converténdose así no corredor máis novo da historia en gañalo. Para a tempada 2012 Durbridge ingresa nas filas do conxunto Orica-GreenEDGE. A súa primeira vitoria como profesional nunha clasificación xeral e nunha proba en ruta chegaría ese mesmo ano no Circuíto da Sarthe. En xuño de 2012, sorprende a todo o mundo gañando o prólogo do Critérium do Dauphiné por diante de Bradley Wiggins, todo un especialista. A súa segunda vitoria nunha clasificación xeral chegou no Tour de Poitou-Charentes. Palmarés en estrada 2010 2º no Campionato Mundial Contra o Reloxo sub-23 15x15px 2011 Campionato Mundial Contra o Reloxo sub-23 15x15px 20x20px Chrono Champenois 2012 Campionato de Australia Contra o Reloxo 15x15px 20x20px Circuíto da Sarthe, máis 1 etapa 1 etapa do Critérium do Dauphiné Tour de Poitou-Charentes, máis 1 etapa Duo Normando (con Svein Tuft) 2013 Campionato de Australia Contra o Reloxo 15x15px 20x20px Campionato de Australia en Ruta 15x15px 20x20px 1 etapa do Circuíto da Sarthe Duo Normando (con Svein Tuft) 2014 2º no Campionato de Australia Contra o Reloxo 15x15px Campionato Oceánico en Ruta 15x15px
Resultados nas Grandes Voltas e Campionatos do Mundo Durante a súa traxectoria deportiva logrou os seguintes postos nas grandes voltas: Carreira201020112012201320142015Giro de Italia - - -142ºAb.109°Tour de Francia - - - - -151°Vuelta a España - - - - - -Mundial en Ruta 24x24px - - - - -Ab. -: non participa Ab.: abandono
Palmarés en pista 2011 Campionato Mundial de Persecución por Equipos (con Jack Bobridge, Rohan Dennis e Michael Hepburn) 15x15px20x20px
Equipos Jayco (2010-2011) Team Jayco-Skins (2010) Team Jayco-AIS (2011) Orica-GreenEDGE (2012-)
Notas
Categoría:Ciclistas olímpicos de Australia Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Australia Occidental Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2020