María Tareixa de Austria, nada en Viena, o 22 de agosto de 1684 e finada na mesma cidade o 28 de setembro de 1696, foi arquiduquesa de Austria, filla do emperador Leopoldo I de Austria e da súa terceira esposa Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo. María Tareixa era irmá dos emperadores Xosé I e Carlos VI e da raíña de Portugal, María Ana de Austria.

Traxectoria María Tareixa naceu no Palacio Imperial de Hofburg, Viena, o 22 de agosto de 1684 como a cuarta filla e sexto fillo de Leopoldo I de Austria, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, e de Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo.

Morte Despois de coller varíola, María Tareixa morreu á idade de doce anos no Palais Ebersdorf en Viena. Está enterrada na Cripta Imperial de Viena.

Títulos 22 de agosto de 1684 – 28 de setembro de 1696: Súa Alteza Imperial e Real a Princesa Imperial e Arquiduquesa María Tareixa de Austria, Princesa Real de Hungría e Bohemia.

Devanceiros Devanceiros de María Tareixa de Austria

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía en Findagrave.com

Categoría:Nados en 1684 Categoría:Nados en Viena Categoría:Finados en 1696 Categoría:Finados por varíola Categoría:Casa de Habsburgo