Baltasar Pujales Estévez, nado en Bouzas en 1941 e finado o 25 de maio de 2016, foi un enxeñeiro e directivo deportivo galego.

Traxectoria miniatura|Campo Municipal de Bouzas Baltasar Pujales. Nado nunha familia vinculada á pesca de Bouzas, licenciouse en enxeñería de camiños na Universidade de Santiago de Compostela, no que daquela era o seu campus de Vigo. Como enxeñeiro traballou en Barakaldo e despois en Pontevedra, pois pasou a pertencer ao cadro de empregados da Deputación.

Como deportista, foi xogador do Rápido de Bouzas durante varias tempadas. En 1973 Pujales pasou a ser o presidente do club de Bouzas. Durante a súa presidencia construíuse o primeiro campo de fútbol propio do Rápido, o campo de fútbol das Gaivotas. Uns anos máis tarde, xa en 2001 o campo das Gaivotas deu paso ao pavillón polideportivo, onde se construíu de maneira anexa o campo de fútbol municipal de Bouzas, que leva o nome do propio Baltasar Pujales.

Durante estes anos, deportivamente o Rápido estivo en categorías autonómicas ata que en 1998 ascendeu a Terceira División. Tamén durante a súa presidencia o Rápido de Bouzas participou nunha eliminatoria de Copa do Rei de fútbol contra o Rayo Vallecano, na tempada 2005-06, onde venceu o Rápido 1-0 no Baltasar Pujales, e foi derrotado no conxunto da eliminatoria (1-2). En 2008, 35 anos despois, renunciou á presidencia e foi substituído por Manuel Pedro Seoane.

Tamén durante algún tempo foi membro da xunta directiva do Celta de Vigo e do Liceo Marítimo de Bouzas.

Vida persoal Foi o pai do tamén futbolista David Pujales.

Notas

Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Presidentes de clubs de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 2016 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1941 Categoría:Presidentes do Rápido de Bouzas Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes