Teodosii Rostotskyi (en ; en ; en ), nado en 1725 e finado o 25 de xaneiro de 1805 en San Petersburgo (Imperio Ruso), foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1788 até a súa morte.
Traxectoria Tivo unha vocación temperá, ingresando arredor dos 14 anos na Orde de San Basilio Magno. O 4 de decembro de 1753 foi ordenado sacerdote de dita orde.
O 2 de xullo de 1784 foi nomeado bispo de Chełm, e ao mes seguinte, o 2 de agosto, arcebispo coadxutor de Kíiv. Recibiu a consagración episcopal o 19 de xuño de 1785 de mans do metropolita Yason Smohozhevskyi, e tendo como principais co-consagrantes ao bispo de Lutsk e Ostroh Kypriian Stetskyi e ao bispo auxiliar da diocese latina de Lutsk Jan Chryzostom Kaczkowski.
O 1 de novembro de 1788 sucedeu a Yason Smohozhevskyi como metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus. Renunciou ao goberno da eparquía de Chełm en 1790.
Finou no cargo o 25 de xaneiro de 1805.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1725 Categoría:Finados en 1805 Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína