A liga española de fútbol é a principal competición entre equipos de fútbol de España.El Futbol Club Andorra participa en la Segunda Catalana. Celébrase anualmente desde 1929, e a tempada desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio). O torneo consta de ligas ou divisións interconectadas entre si, cuxa máxima categoría é a Primeira División. Ao termo de cada tempada e en función dos resultados obtidos, os equipos participantes poden ascender ou descender de liga ou de división.
Sistema de ligas
Ligas masculinas CategoríaLigas ou divisións 1 Primeira División
20 equipos 2 Segunda División
22 equipos 3 Primeira Federación
2 grupos de 20 equipos cada un 4 Segunda Federación
5 grupos de 18 equipos cada un 5 Terceira Federación
18 grupos de 18 equipos cada un 6 Categorías rexionais
Ligas femininas CategoríaLigas ou divisións 1 Primeira División
16 equipos 2 Primeira Federación
16 equipos 3 Segunda Federación
32 equipos (2 grupos) 4 Primeira Nacional
96 equipos (6 grupos) 5 Categorías rexionais
Evolución temporal Sistema de ligas femeninas
1.ª categoría2.ª categoría3.ª categoría4.ª categoría5.ª categoría1988-96Liga Nacional Feminina———1996-01División de Honra Feminina———2001-11Superliga FemininaPrimeira Nacional de Fútbol Feminino——2011-19Primeira División FemininaSegunda División FemininaCategorías rexionais—2019-Act.Primeira DivisiónPrimeira FederaciónSegunda FederaciónPrimeira NacionalCategorías rexionais
Sistema de competición
Equipos participantes Para poder participar na liga española os clubs deben estar federados. No caso das categorías profesionais (Primeira e Segunda División), os clubs tamén deben cumprir os requisitos esixidos pola liga de Fútbol Profesional (LFP).
A diferenza doutros países, os equipos filiais poden participar na liga, aínda que nunca nunha división igual ou superior á do equipo ao que pertencen.
Desenvolvemento da competición Aínda que o número de equipos que integran cada división varía, todas as categorías seguen un mesmo sistema de competición. O torneo desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio) do seguinte ano. Cada club enfróntase dúas ocasións aos demais equipos do seu mesma división (unha vez en campo propio e outra no do contrario), seguindo un calendario establecido por sorteo a principio de tempada. Xeralmente dispútase unha xornada cada semana (coincidindo co fin de semana). Os encontros finalizan ao noventa minutos, sen prórrogas nin quenda de penaltis en caso de terminar en empate.
Regulamentación e xustiza deportiva A xustiza deportiva da competición está xestionada polo Comité de Competición da liga, organismo encargado de impor sancións e dirimir os conflitos entre clubs. Os árbitros (todos españois) dos partidos son designados, a través dun comité de designación formado por tres membros: Antonio Jesús López Nieto (exárbitro malagueño internacional), Evaristo Puentes Leira (exárbitro galego de Primeira División) e Victoriano Sánchez Arminio (presidente do Comité Técnico de Árbitros). Un árbitro non pode dirixir un partido no que participe un equipo da mesma comunidade rexional na que estea colexiado.
Referencias
Categoría:Ligas de fútbol de España