Juan Manuel Vidal Seage, nado en Padrón en 1970, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Residente en Pontecesures dende principios dos anos 2000, foi técnico de calidade e prevención na empresa Grúas Estación. Encabezou a candidatura do PPdeG en Pontecesures nas eleccións municipais de 2011 logrando 2 concelleiros por detrás dos 4 do BNG, polo que foi portavoz popular na oposición. Nas municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e nesta ocasión foi a forza máis votada con 3 concelleiros, pero non logrou a alcaldía ao pactalo BNG con Terra Galega e o PSdeG. Tralo abandono do goberno de Terra Galega en xaneiro de 2016, en maio de presentou unha moción de censura xunto a Independentes de Pontecesures e o cabeza de lista de Terra Galega e foi elixido alcaldeJuan Manuel Vidal Seage, proclamado alcalde de Pontecesures entre duras descalificaciones. No 2019 subiu a 4 concelleiros e acadou de novo a alcaldía, gobernando de novo con Terra Galega e os Independentes. Tralas municipais de 2023, pese a impoñerse de novo e subir a 5 concelleiros, o BNG e o PSdeG sumaron maioría e perdeu o bastón de mando en favor da candidata nacionalista Maite Tocino.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pontecesures
Ligazóns externas Juan Manuel Vidal Seage: "La moción de censura aún no se ratificó, pero estamos condenados a acercar posturas". Entrevista en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes de Pontecesures Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes