A bandeira dos aborixes australianos é a bandeira étnica que representa aos pobos aborixes australianos. Malia ser unha das bandeiras de Australia e posuír un status legal e político especial,Commonwealth of Australia Gazette, Special, No. S 259, 14 de xullo de 1995 (a special issue printed in colour on high quality paper found at the back of Government Notices issue No. GN 28, 19 de xullo de 1995, xunto coa proclamación (No. S 258) da Bandeira dos insulares do estreito de Torres). non é a bandeira nacional do país. Adoita ondear a carón da bandeira australiana e da bandeira dos insulares do estreito de Torres, que tamén é oficial.
Historia Foi deseñada en 1971 polo artista aborixe Harold Thomas, que é descendente do pobo luritja e posúe os dereitos de propiedade intelectual da bandeira. Orixinalmente foi ideada para o movemento dos dereitos das terras, mais posteriormente converteuse nun símbolo dos pobos aborixes de Australia. O Goberno de Australia concedeulle o status de bandeira oficial o 14 de xullo de 1995.Commonwealth of Australia Gazette, Special, No. S 259, 14 de xullo de 1995. Atópase no Government Notices issue No. GN 28, 19 de xullo de 1995.
Simbolismo Segundo o seu creador, o significado simbólico das súas cores é: Franxa negra – representa o pobo aborixe. Círculo amarelo – representa o Sol, protector e creador da vida. Franxa vermella – representa a terra ocre.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bandeira dos insulares do estreito de Torres Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras étnicas Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de Australia Categoría:Cultura aborixe australiana Categoría:Bandeiras introducidas en 1971 Categoría:Bandeiras introducidas en 1995