Peroryctes é un xénero subfamilia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos peramelemorfos e familia dos peramélidos,Peroryctes no MSW. o único da subfamilia dos perorictinos.Peroryctinae no MSW.
Taxonomía Descrición Xénero O xénero Peroryctes foi descrito en 1906 polo zoólogo británico Oldfield Thomas en Proc. Zool. Soc. Lond., 1906: 476.
Subfamilia A subfamilia Peroryctinae foi descrita en 1990 polo zoólogo e antropólgo inglés residente en Australia Colin Groves e o seu colaga australiano Tim Flannery, en Seebeck, J. (1960): Bandicoots and Bilbies.
Etimoloxías O nome científico Peroryctinae está formado sobre a base do nome do xénero tipo (e único) da subfamilia, Peroryctes, coa adición da forma sufixa do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Pola súa parte Peroryctes, termo de etimoloxía mixta,O termos de etimoloxía híbrida grecolatina, pese a que non é recomendábel polos técnicos da nomenclatura biolóxica, prodúcense en non poucos casos. formouse co elemento do latín científico per-, tirado do nome latino pēra, 'alforxa', e o o substantivo do grego antigo ὀρύκτης orýktēs, 'escavador'.Peroryctes en Animalia. Literalmente 'o escavador con bolsa' (aludindo ao marsupio).
Clasificación McKenna e Bell (1997) atribuíron o nome Peroryctinae a unha publicación de Archer et al. (1989), pero considerárono como un nomen nudum, referíndose a un nome manuscrito de Groves e Flannery. Kirsch et al. (1997) considerárono como unha subfamila dos peraméldos. Westerman et al. (1999) consideraron a familia, sensu Groves e Flannery, probabelmente como polifilética, e que Echymipera e Microperoryctes forman un clado irmán dos xéneros dos peramélidos; materiais adicionais confirman isto, e engaden o xénero Peroryctes como un terceiro clado, probabelmente irmán do resto (Westerman et al. (2001).
Segundo Mammal Species of the World, e o ITIS, subfamilia está formada por un único xénero, Peronictes coas especies e subespecies seguintes:Peroryctes Thomas, 1906 no ITIS.
Subfamilia Peroryctinae Groves & Flannery, 1990 Xénero Peronictes Thomas, 1906 Peroryctes broadbenti (Ramsay, 1879) – Bandicut xigante Peroryctes raffrayana (Milne-Edwards, 1878) - Bandicut de Raffray Peroryctes raffrayana Milne-Edwards, 1878 no MSW.Peroryctes raffrayana (Milne-Edwards, 1878) no ITIS. Peroryctes raffrayana raffrayana (Milne-Edwards, 1878) Peroryctes raffrayana rothschildi (Förster, 1913)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. Londres: The Brown Reference Group. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Dasyuromorphia en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference , 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Australidelfos Peramelemorfos Peramélidos
Ligazóns externas Peroryctinae na ADW. Peroryctinae na EOL. Peroryctes na ADW. Peroryctes na EOL. Peroryctes no NCBI. Peroryctes en Fossilworks.
Categoría:Marsupiais