Ur-Nammu foi un vicerrei do reino de Uruk que logrou independizarse e fundou a Terceira Dinastía de Ur ou Ur III"Mesopotamia, historia política, económica y cultural" Georges Roux ed. Akal 1987.
Traxectoria Durante a época da dominación dos Guti sobre Mesopotamia a cidade de Ur atopábase temporalmente subxugada á de Lagash, coa caída dos Guti ou Guteos, Utukhengal fundou o seu propio reino en Uruk, nomeando a Ur-Nammu como vicerrei ou gobernador militar de Ur, que no ano -2113 se independizou de Uruk e tres anos despois venceuno, matando a Utukhengal, e conquistando Lagash.
Ur-Nammu centralizou o novo reino na cidade de Ur, restaurou templos e canais (que se usaban tanto como rego como de transporte), é nesta época que xorde o Cigurat e UR III estabiliza a figura do monarca converténdoo nun estadista absolutista, nalgúns caso até a divinización, o que non significaba que fose considerado á altura dos deuses mesopotámicos senón como divindade tutelar ou espírito protector da cidade ou estado. A pesar disto Ur-Nammu non conquistou países estranxeiros quedándose só na Mesopotamia do sur. O seu reinado durou 17 anos e sucedeuno seu fillo Shulgi.
thumb|Selo do rei Urnammu. Consérvanse dous textos que amosan a capacidade organizativa deste rei: Código de Ur-Nammu: serie de leis castigando diversos delitos, pero de clase mais amable que o posterior código de Hammurabi. Catastro de Ur-Nammu: describe a fronteira entre varias provincias (Shidtab, Abiak, Marad e Akshak) como garantía das cidades-estado delimitando con exactitude os territorios, seguindo ás veces o curso dos ríos e canais e outras veces liñas imaxinarias entre castelos e santuarios.
Consérvase tamén un texto laudatorio protagonizado por este monarca sumerio, o chamado "viaxe de Urnammu ao inferno", onde se describe a entrada do rei defunto ao submundo (o alén sumerio é un subterráneo onde se vive unha vida semellante á anterior"Los imperios del antiguo oriente vol I, del paleolítico a la mitad del segundo milenio" E. Cassin, J, Botteró, J. Vercourtter, ed. Siglo XXI 1970), onde obsequia aos deuses con ofrendas. Con este himno atopamos un novo xénero literario diferente do himno adicado a un deus xa que inclúe unha oración polo soberano reinante.
Notas
Categoría:Monarcas Categoría:Mesopotamia