Susan K. Bell é unha paleontóloga estadounidense.

Traxectoria É especialmente célebre pola súa obra Classification of Mammals Above the Species Level, escrita conxuntamente con Malcolm McKenna. Trátase dunha obra que clasifica todos os mamíferos coñecidos, tanto viventes como extintos. Abarca máis de 5.000 xéneros, distribuídos en 425 familias e 46 ordes, sendo o traballo máis complentoo até os nosos días sobre a sistemática, as relacións e a distribución de todos os taxa de mamíferos até o novel de xénero. Desde a clasificación de George Gaylord Simpson de 1945, o rexistro paleontolóxico foi actualizado; nos anos transcorridos desde aquela houbo moitas discusións e produciuse un notábel progreso das bases teóricas da sistematización. McKenna e Bell herdaron o proxecto de Simpson e construíron un sistema xerárquico totalmente actualizado que reflicte a xenealoxía dos mamíferos.

Na actualidade Bell traballa na división de paleontoloxía do Museo Americano de Historia Natural de Nova York, onde forma parte do seu corpo dirctivo.Susan K. Bell no sitio web do American Museum of Natural History.

Edicións da súa obra principal

Abreviatura A abreviatura Belll emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Taxons estudados por McKenna e Bell recollidos no ITIS.

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xeólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en ano descoñecido