Na nomenclatura taxonómica un nomen dubium (en latín "nome dubidoso", en plural nomina dubia) é un nome científico que é de aplicación dubidosa ou descoñecida.

En Bacterioloxía Na nomenclatura bacteriolóxica, os nomina dubia poden ser colocados na lista dos nomes rexeitados pola Comisión Xudicial. O significado destes nomes é inseguro. Outras categorías de nomes que poden ser tratados da mesma maneira (regra 56a) son: nomes ambiguos, nomina ambigua (singular nomen ambiguum), que foron usados con máis dun significado nomes que causan confusión, nomina confusa (singular nomen confusum), están baseados nun cultivo mixto nomes perplexos, nomina perplexa (singular nomen perplexum), nomes moi similares que se confunden nomes perigosos, nomina periculosa (singular nomen periculosum), nomes que poden causar accidentes que poñan en perigo as vidas ou a saúde ou con consecuencias económicas potenciais graves.

En Botánica Na nomenclatura botánica o termo nomen dubium non ten status, aínda que se usa informalmente para nomes cuxa aplicación causou confusión. Porén, a este respecto, existe o sinónimo nomen ambiguum, que ten un uso máis frecuente. En botánica, pode propoñerse o rexeitamento destes nomes.

En zooloxía Na nomenclatura zoolóxica nun caso de nomen dubium pode ser imposible de determinar se un espécime pertence a ese grupo ou non. Isto pode ocorrer se a serie tipo orixinal (é dicir o holotipo, isotipos, sintipos, e paratipos) se perdeu ou foi destruída. Os códigos zoolóxico e botánico permiten neste caso elixir un novo espécime tipo ou neotipo.

Un nome pode ser tamén considerado nomen dubium se o seu tipo que leva o nome é fragmentario ou carece de características de diagnóstico importantes. A miúdo este é o caso de especies coñecidas só como fósiles. Para preservar a estabilidade dos nomes, o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica permite elixir un novo espécime (neotipo) para o nomen dubium.

75.5. Substitución dun tipo que leva o nome por un neotipo. Cando un autor considere que a identidade taxonómica dun taxon de grupo-especie nominal non poida ser determinado a partir do seu tipo que leva o nome existente (é dicir, o seu nome é un nomen dubium), e a estabilidade ou universalidade están, por tanto, ameazadas, o autor pode solicitar que a Comisión relegue baixo o seu poder plenario [Art. 81] o tipo que leva o nome existente e designe un neotipo. (Orixinal: 75.5. Replacement of unidentifiable name-bearing type by a neotype. When an author considers that the taxonomic identity of a nominal species-group taxon cannot be determined from its existing name-bearing type (i.e. its name is a nomen dubium), and stability or universality are threatened thereby, the author may request the Commission to set aside under its plenary power [Art. 81] the existing name-bearing type and designate a neotype.)International Code of Zoological Nomenclature (4th edition, 1999)

Por exemplo, os réptiles arcosauros de tipo crocodilo da especie Parasuchus hislopi Lydekker, 1885 describíronse baseándose nun rostro (parte do fociño) premaxilar, pero isto hoxe xa non é dabondo para distinguir Parasuchus dos seus parentes próximos. Isto fai que o nome Parasuchus hislopi sexa un nomen dubium. O paleontólogo texano Sankar Chatterjee propuxo que se designe un novo espécime tipo, que sexa un esqueleto completo.Case 3165, Bulletin of Zoological Nomenclature 58:1 , 30 de marzo de 2001. A Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica considerou o caso e estivo de acordo coa proposta en 2003 de substituír o espécime tipo orixinal co neotipo proposto.Opinion 2045, Bulletin of Zoological Nomenclature 60:2 , 30 de xuño de 2003.

Notas

Véxase tamén Outros artigos species inquirenda, unha especie de identidade dubidosa que require máis investigación nomen nudum, nome proposto sen descrición nin ilustración nomen oblitum, nome esquecido

Categoría:Taxonomía Categoría:Nomenclatura botánica Categoría:Nomenclatura zoolóxica