Andrés Lago Louro, nado en Louro (Muros) o 16 de febreiro de 1973, é un xuíz galego.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na carreira xudicial no ano 2004, e desde entón ocupou diversos xulgados como o Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión, o número 1 de Cistierna (León), e o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Entre outros, foi o xuíz instrutor dos xuízos polo caso Orquesta, o accidente de Angrois ou a denuncia dos doentes afectos pola hepatite C contra o SERGAS.

É profesor da Universidade de Santiago de Compostela no mestrado de Avogacía. Foi elixido xuíz decano de Santiago de Compostela en 2018 e reelixido no cargo en 2022.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Accidente de Angrois Caso da hepatite C en Galicia

Categoría:Xuíces de Galicia

Categoría:Nados en Muros

Categoría:Nados en 1973

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela