O asterismo é un signo tipográfico formado por tres asteriscos dispostos nos vértices dun triángulo equilátero imaxinario (⁂).

O seu nome provén do léxico da astronomía, no que o termo asterismo indica un grupo de polo menos tres estrelas que aparentemente forman unha figura.

Uso

Empregábase para sinalar unha ruptura no texto, indicar o comezo dun parágrafo, separar os subcapítulos nun libro, ou para chamar a atención sobre unha pasaxe.

Hoxe en día é un signo de raro uso e é substituído ás veces por tres ou máis asteriscos ou puntos consecutivos. A súa función tamén a pode facer un interliñado maior entre os parágrafos.

O seu código en Unicode é U+2042. Non debe confundirse co signo lóxico composto por tres puntos ∴ (carácter U+2234 de Unicode), que indica conclusión.

Véxase tamén Outros artigos Asterisco

Categoría:Símbolos Categoría:Tipografía