A Midalja għall-Qadi tar-Repubblika (Medalla polo Servizo á República) é unha medalla da República de Malta. A medalla é entregada polo Presidente de Malta, coa aprobación do Primeiro Ministro de Malta, por servizo á República de Malta. O premio é entregado a cidadáns malteses e organizacións, mais tamén pode ser entregado a estranxeiros con méritos recoñecidos. Non máis de dez cidadáns poden recibir a medalla nun ano. Pode ser entregada a título póstumo.
Os premiados coa medallan reciben tamén o título post-nominal M.Q.R.
Notas
Categoría:Malta Categoría:Ordes, condecoracións e medallas