O bardi é unha lingua aborixe de Australia falada por entre 152 e 160 persoas na península de Dampier, en Australia Occidental. Pertence á familia lingüística de linguas nyulnyulan. Trátase dunha lingua en perigo de extinción xa que as novas xeracións do pobo bardi teñen o inglés como lingua materna, polo que moitos enténdena pero non a falan. Os falantes son principalmente adultos de idade avanzada. O bardi está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Dialectos Existen varios dialectos de lingua bardi mais non hai consenso sobre o seu número. Segundo Robert Malcolm Ward Dixon (2002), os seguintes dialectos son mutuamente intelixíbeis co bardi:

Jawi Nyulnyul Djabirr-djabirr Ngumbarl Nimanburru

Porén, Ethnologue (2006) considéraos a todos linguas diferenciadas, agás o ngumbarl. Esta postura está apoiada polos lingüistas que traballaron nesas linguas, incluíndo a Claire Bowern e a William McGregor. Os falantes de bardi tamén as consideran como linguas distintas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de linguas aborixes de Australia Ligazóns externas A lingua bardi en Ethnologue.com

Categoría:Linguas nyulnyulan Categoría:Linguas de Australia