Heinrich Georg Bronn, nado en Ziegelhausen, preto de Heidelberg, o 3 de marzo de 1800 e finado en Heidelberg o 5 de xullo de 1862, foi un médico, xeólogo, paleontólogo e naturalista alemán.

Traxectoria Estudou na Universidade de Heidelberg, dutorándose en medicina en 1821. Ao ano seguinte foi nomeado profesor de Historia natural. A partir de entón dedicouse ao estudo da paleontoloxía e ao traballo de campo en varios lugares de Alemaña, Italia e Francia.

Entre 1830 e 1862 colaborou na edición do Jahrbuch für Mineralogie, continuado como Neues Jahrbuch. A súa obra principal, Letkaea Geognostica (2 vol., Stuttgart, 1834-1838; 3ª ed. con F. Romer, 3 vol., 1851-1856), considérase unha das fundadoras da estratigrafía alemá.

No seu Handbuch einer Geschichte der Natur, cuxa primeira parte apareceu en 1841, daba conta da historia física da Terra; a segunda parte trataba da historia orgánica, considerando as especies como actos directos da creación; a terceira incluía o Index Palaeontologicus, que apareceu en 3 volumes (1848-1849) coa colaboración de Hermann von Meyer e H. R. Göppert.

Bronn comezou tamén un importante traballo sobre zooloxía actual e fósil (Die Klassen und Ordnungen des Thier-Reichs) que foi continuado por outros naturalistas. Bronn escribiu os volumes dedicados aos Amorphozoa, os Actinozoa e os Malacozoa (1859-1862).

En 1861 foi galardoado coa medalla Wollaston pola Geological Society of London (Sociedade Xeológica de Londres).

Honores Epónimos Xénero Bronnia Kunth da familia das Fouquieriaceae, sinónimo de Frouquieria.Genus: Fouquieria Kunth en U.S. National Plant Germplasm System.

Abreviaturas A abreviatura Bronn emprégase para indicar a Heinrich Georg Bronn como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía. A abreviatura Bronn emprégase para indicar a Heinrich Georg Bronn como autoridade na descrición e taxonomía en botánica

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Heinrich Georg Bronn (1800-1862) na Encyclopedia Britannica.

Ligazóns externas Junker T. (1991): "Heinrich Georg Bronn and Origin of Species" (Resume) Sudhoffs Arch. 75 (2): 180-208.

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Exploradores Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Paleontólogos de Alemaña Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Nados en 1800 Categoría:Nados en Heidelberg Categoría:Finados en 1862