O Campo Municipal de Fútbol do Beco é unha instalación dedicada á práctica do fútbol localizada na vila de Cedeira. Nel xoga os seus partidos como local o Cedeira Sociedad Deportiva e o seu propietario é o Concello de Cedeira.
Conta cun terreo de xogo de herba artificial de 100 x 60 metros e unha bancada cuberta con capacidade para 750 espectadores. Foi inaugurado en 1983 cun campo de herba natural até que en 2009 se mudou a herba artificial.
Notas
Beco Categoría:Cedeira Categoría:Cedeira sen imaxes Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes