Xosé Manuel Souto González, nado o 26 de decembro de 1956 en Vigo, é un xeógrafo e historiador galego, especialista en territorio e urbanismo.

Traxectoria Estudou o Bacharelato en Vigo. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente especializouse en Historia, Sección de Historia e Cultura de Galicia na mesma Universidade (1981). Foi catedrático de Xeografía e Historia no Ensino Medio dende 1984. A súa tese de doutoramento titúlase Desartellamento social e caos urbanístico. Vigo, 1960-1980, publicada en 1990. É profesor titular da Universidade de Valencia, membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses.

Publicou artigos en Encrucillada, Solaina, Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista Galega de Estudios Agrarios, Revista Galega de Educación, Grial…

Obras Entre a súa extensa bibliografía están: El hombre y sus actividades en el Valle Miñor, memoria de licenciatura, 1978. Xeografía humana, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1988. Coñecermos Vigo, 1989 Geografía de España: Los desequilibrios regionales, Valencia, 1996.Imaxe da portada de: Geografía de España: Los desequilibrios regionales Vigo. Cen anos de historia urbana (1880-1980), Xerais, 1990. O Val Miñor, entre as transformacións rurais e as innovacións urbanas, 1991. Somos el mundo, con José Ramón Valero, Valencia, 1993. Vigo: proxecto e realidade do medio periurbano, 1994. As parroquias, 1995. Los cuadernos de los alumnos. Una evaluación del currículo real, colectiva, Sevilla, 1996.Los cuadernos de los alumnos. Una evaluación del currículo real Vivendas e cidades, 1997 Didáctica de la geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio, Barcelona, 1998. Planeamento estratéxico e mercadotecnica territorial, 2001.

E unha ampla serie de títulos de carácter didáctico.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Currículo Entrevista en La Voz de Galicia, 12/8/2007.

Categoría:Xeógrafos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes