O río Fervedoira é un afluente do río Rato que discorre polo nordeste do concello de Lugo.
Curso Nace nas Carreciñas a 578 m de altitude, ó pé do Outeiro de Fompedriña, próximo á aldea de Vilachá, na parroquia de Labio, en Lugo. Adéntrase na parroquia de Rubiás, onde recibe o rego de Vilariño pola marxe esquerda e o rego Abelairas pola marxe dereita . Divide despois as parroquias de Pedreda e Santa María de Muxa, onde o cruza a autovía A-6 . Finalmente aproxímase á cidade polo barrio de Galegos e desemboca no río Rato, que dende ese punto se coñece tamén como río da Chanca.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Río Rato
Rato