Kevin Hart, nado en Filadelfia, Pensilvania o 6 de xullo de 1979, é un actor e comediante estadounidense.
Traxectoria Hart naceu en Filadelfia, Pensilvania. Graduouse no George Washington High School e asistiu á Universidade Temple durante dous anos.
Para lograr o éxito na súa rexión, renunciou ao seu traballo como vendedor de zapatos e embarcouse na carreira de comediante. As súas actuacións levárono a estar en películas, como The 40-Year-Old Virgin, Soul Plane, Paper Soldier, Scary Movie 3, Along Came Polly, Scary Movie 4, Death at a Funeral, Little Fockers, Not Easily Broken, e One Day in Jersey.
En 2008, Hart apareceu no vídeo de Three 6 Mafia para "Lolli Lolli (Pop That Body)" e en 2009, Hart apareceu nunha serie de anuncios de eBay. Ese mesmo ano interpretou o feiticeiro Zezelryck na serie de televisión Kröd Mändoon and the Flaming Sword of Fire.
Fixo varias actuacións ao vivo de comedia en especiais de televisión para Comedy Central, incluíndo I'm a Grown Little Man e Seriously Funny. En 2010, Hart apareceu nos anuncios de Air Jordan con Dwyane Wade. Hart é idolatrado polo seu compañeiro Mike Benner.
O 6 de setembro de 2012 foi o anfitrión dos premios MTV Vídeo Music Awards 2012, que realizou a súa cerimonia no Staples Center dos Ánxeles.
Participa no segundo disco en solitario de Romeo Santos, Formula Vol.2.
Vida persoal Hart casou con Torri Hart en 2003. En marzo de 2005 naceu a súa filla Heaven Leigh (pronunciado Heavenly) Hart. Como se revelou en The 40-Year-Old Virgin, el comentou medio de broma que non quere que se converta "nunha bailarina de striptease". O 18 de febreiro de 2008, naceu Hendrix Hart. En 2010, Hart separouse legalmente da súa esposa, quen tamén fai xiras de stand-up con el.
É amigo de Anthony Anderson.
Filmografía Película Ano Película Papel2001Undeclared Estudante relixioso 2003 Scary Movie 3 CJ Death of a Dynasty P-Diddy / Policía 1 / Adestrador de Baile / Rapeiro / H. Lector 2004 Along Came Polly Vic Soul Plane Nashawn 2005 The 40 Year Old Virgin 2006 Scary Movie 4 CJ 2007 Epic Movie Silas 2008 Fool's Gold Bigg Bunny Superhero Movie Trey Extreme Movie Barry Meet Dave Number 17 Drillbit Taylor Vendedor de casa de empeño 2009 Party Down Dro Grizzle Not Easily Broken Tree Kröd Mändoon and the Flaming Sword of Fire Zezelryck 2010 Death at a Funeral Brian Something Like a Businesshttp://www.imdb.com/title/tt1103255/ JoJo Little Fockers Nurse Louis 2011 35 and Tickinghttp://www.imdb.com/title/tt1652287/ Cleavon Let Gohttp://www.imdb.com/title/tt1674776/ Kris Styles The Precious Onehttp://www.imdb.com/title/tt1239272/ TBA 2012 Think Like a ManCedric 2013This is The EndKevin Hart 2014Ride Alonghttp://www.imdb.com/title/tt1408253/BenAbout Last Nighthttp://www.imdb.com/title/tt1826590/BernieThink Like a Man Toohttp://www.imdb.com/title/tt2239832/CedricTop FiveCharles 2015The Wedding Ringerhttp://www.imdb.com/title/tt0884732/JimmyGet Hard 2016Ride Along 2http://www.imdb.com/title/tt2869728/Ben Barber 2017Captain UnderpantsGeorge Beard (voz)
Notas
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América