Roy Thomas Baker, nado en Hampstead (Londres) o 10 de novembro de 1946 e finado en Lake Havasu City, Arizona, o 12 de abril de 2025,Roy Thomas Baker, Queen and the Cars Producer, Dies at 78, Ultimateclassicrock.com foi un produtor musical, compositor e arranxador inglés. Foi directivo da Recording Academy e gañador de múltiples premios. Produciu diversos discos de rock e pop que chegaron a ser disco de ouro e disco de platino desde a década de 1970 ata 2025.«Discogs.
Traxectoria Baker comezou a súa carreira en Decca Records, en Inglaterra, aos 14 anos. Alentado polo produtor musical Gus Dudgeon, axiña cambiou a Trident Studios, onde traballou con grandes produtores musicais, como Gus Dudgeon, Tony Visconti, Mick Jagger e Keith Richards, e Frank Zappa, e con grupos como The Rolling Stones, David Bowie, The Who, Gasolin', Nazareth, Santana, Mothers Of Invention, Be Bop Deluxe, Free e T. Rex.
Logo de cofundar Neptune (compañía de gravación de Trident), Baker coñeceu un grup que sería coñecido como Queen. Comezou unha relación de traballo que acabou con cinco álbums e moitos premios, incluíndo un Grammy e o premio Récord Guiness ao mellor sinxelo: "Bohemian Rhapsody".
Vida persoal Baker vivía nos Ánxeles e no seu estudio de gravación en Arizona. Estaba casado coa executiva do entretemento e exactriz Tere Baker.
Notas
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 2025