200px|miniatura|Representación gráfica do efecto dominó que suporía o abandono do euro en Grecia con respecto aos demais estados da Zona Euro. O acrónimo grexit«grexit, en cursiva e con minúscula.» Fundéu. Consultado el 27 de junio de 2015. é un neoloxismo empregado para se referir á potencial e futura saída de Grecia da zona Euro, o que implicaría o abandono do euro no país helénico e a volta ao dracma.
Orixe O termo grexit provén da fusión das palabras inglesas Greece (Grecia) e exit (saída). O neoloxismo é similar a outros empregados en economía e xeopolítica, coma spexit, que se refere á hipotética saída de España da Zona Euro,«Grexit? Spexit? Let’s Call the Whole Thing Off.» Foreign Policy, 31 de maio de 2012. ou brexit para unha hipotética saída do Reino Unido da UE.«La victoria de los tories abre un nuevo frente negociador en Europa.» El País, 18 de maio de 2015.
O termo grexit foi empregado por vez primeira o 6 de febreiro de 2012 por Willem Buiter«Greek impasse raise fears of 'Grexit'.» The Guardian, 7 de febreiro de 2012. e H. Rahbari Ebrahim, analistas do Citigroup, facendo referencia a un grupo de traballo creado por países da zona euro que se preparaba para facer fronte á posíbel saída de Grecia, tentando tomar medidas preventivas e preparar á zona euro.«Sem saída?» VOXeurop, 18 de maio de 2012.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Referendo sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea Euroescepticismo Crise financeira de Grecia Europa das dúas velocidades
Categoría:Unión Europea Categoría:Grecia